32/75
Conferencia a cargo de Juan Requejo Liberal, consultor de planificación, economista e xeógrafo, ademais de fundador e director de At Clave e Arenal Gc. Juan compartiranos as súas experiencias no eido da planificación do territorio dende diversas perspectivas.
Título: Planificación territorial de las energías renovables
Contido: Un dos compoñentes principais da transición enerxética e ecolóxica é o despregamento de enerxías renovables. A renuncia aos grandes beneficios da enerxía fósil ten un custo: a ocupación do territorio e os seus efectos asociados. No momento presente o único instrumento de regulación da implantación das grandes plantas é a avaliación ambiental, pero desde diversos ámbitos reclámase a formulación dunha planificación territorial que optimice a localización, zonifique e regule. Esta conferencia analiza os factores condicionantes desta planificación territorial e expón unha proposta baseada en experiencias en marcha noutras CCAA.
Juan Requejo Liberal
Jueves 7 de marzo, de 19:30 a 21:00
Salón de actos do Museo das Peregrinacións e de Santiago
Praza das Praterías, 2. Santiago de Compostela
© Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia | Contactar | Aviso legal