Colexio de Arquitectos

formación

75/75

Apertura e inauguración dos actos conmemorativos do 50 aniversario do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

COAG

Programa

O vindeiro martes, día 12 de setembro, ás 19:00 h, terá lugar no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, a apertura e inauguración dos actos conmemorativos do 50 aniversario do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

  • O acto abrirase cun recoñecemento ao labor dos Decanos e Decanas que o COAG tivo ao longo dos seus 50 anos de historia. Contaremos para iso coa súa presenza, e tamén coa dos Decanos dos Colexios de Asturias e Castilla y León.
  • A continuación, terá lugar a firma do Protocolo de Colaboración entre o COAG e a Consellería de Cultura, co Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, para a posta en marcha do Arquivo da Arquitectura de Galicia.
  • Por último, con motivo deste acto inaugural, terá lugar a presentación do libro do Catedrático Emérito D. José Ramón Alonso Pereira “A arquitectura de Galicia. Dous mil anos de historia”.

Ao finalizar o acto, servirase un ágape aos asistentes no Claustro do Museo.

O aforo é limitado.

Fecha y lugar de celebración

Martes 12 de septiembre, de 19:00 a 21:00

Museo do Pobo Galego. Costa de San Domingos, 3, 15703 Santiago de Compostela.

© Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia | Contactar | Aviso legal