0/500
Obxectivo
O obxectivo desta xornada é ofrecer unha visión xeral do plan de conservación e mantemento dos edificios, a evolución do seu marco regulador, os seus obxectivos, contido e principais aspectos a ter en conta na súa elaboración. Ademais, pola súa importancia no contexto actual, analizarase de maneira particular o plan de conservación e mantemento no contexto do Libro do Edificio Existente e o RD 853/2021, polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Contido
Inscrición
Luns, 17 de abril, de 18:00 a 20:00 h.
A xornada é exclusiva para colexiados. Requírese inscrición no seguinte [+ enlace de inscrición].
Luis Jurado Téllez. Arquitecto comprometido coa conservación dos edificios, con ampla experiencia profesional na práctica pericial. Exerceu durante 12 anos como arquitecto asesor no Centro de Asesoramento Técnico do Colegio Oficial de Arquitectos de Madrid. Autor dos libros “Haz tu casa en 10 pasos: Guía de todas las gestiones necesarias para construir una vivienda” e “Guía para hacer un informe o dictamen pericial sobre edificios”.
Lunes 17 de abril, de 18:00 a 20:00
online
© Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia | Contactar | Aviso legal