A Casa da Conga acolle a exposición “Atlantik Wall. Fragmentos do borde atlántico” , actividade programada pola Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos. A mostra consta de 80 imaxes realizadas por José Froján e María Fernández, en cámara de gran formato, que reflicten as súas viaxes pola costa atlántica europea, desde Bilbao ata o norte de Noruega.

Os autores retractan o seu percorrido, que realizaron en nove tramos desde o ano 2003, en torno a catro eixes temáticos principais, que se cruzan e mesturan entre si e que se enlanzan a pesar da súa diversidade xeográfica como parte da liña imaxinaria que lle da orixe. Estes eixes son:
- Infraestrura/industria e turismo/ocio: Alude a representacións onde a actividade humana impón unha deliberada configuración ao litoral e ao seu contorno inmediato
- As rúbricas borde/anfibio e desfeitos/ruínas: Describen, dun modo inverosímil, as formas, funcións e hábitat singulares (de)xerados pola presenza/ausenza da acción do home, e a súa superposición en tempo e espazo.

Con esta exposición, o Colexio de Arquitectos de Santiago quere inaugurar unha serie de actividades, publicacións e debates que se irán desenvolvendo en torno ao territorio e a cidade.

Propón, axudándose no relato de José Froján e María Fernández, pensar a cidade desde os seus límites, lugares imprecisos, esquecidos e xerados pola visión fragmentada do planeamento actual; lugares de encontros e de cruces, lugares para o acontecemento, lugares estratéxicos. Consideran que así, a atoparemos máis rica e complexa, máis atractiva e aberta a novos campos de creación.

80 imaxes de José Froján e María Fernández
Casa da Conga. 22 de febreiro – 24 de marzo
Luns a xoves. 11:30-13:30 e 19:00-21:00 horas
Venres, sábados, domingos e festivos. 11:30-13:30 horas e 16:00-21:00 horas
atlantik wall
Exposicións
Día Mundial
Cadernos de Viaxe
Cinecidade