luns 5 de outubro de 2009_Día mundial da arquitectura.

Novas aparecidas nos medios sobre o Día Mundial da Arquitectura 2009 (PDF 7809 KB).
Celebración nas diferentes Delegacións do COAG do día mundial da arquitectura 2009. Baixo o título "A enerxía dos arquitectos fronte á crise global" celébrase esta edición do Día Mundial da Arquitectura. Descrición das actividades promovidas dende as Delegacións de A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo.
  • A Coruña: A Delegación da Coruña do COAG convida a participar na primeira iniciativa de introducción de Espazos Públicos Engadidos incorporando a súa Sala para o disfrute temporal dos cidadáns.  Máis información.

  • Lugo: Presentación das Primeiras xornadas de arquitectura e hermeneutica lugo 2009. A Delegación de Lugo presentará o programa das xornadas. Máis información.

  • Ourense: O Casco Histórico de Ourense e a súa rehabilitación como ejemplo de sostenibilidade. A Delegación de Ourense organiza para o día 5 de outubro na Praza da Herrería do Casco Histórico de Ourense, a colocación dunha placa conmemorativa. Contarase coa asistencia de Manolo Gallego que falará das rehabilitacións no casco vello e posterior visita. Máis información.

  • Pontevedra: A Delegación de Pontevedra adica ao Centro de Tecnificación e Escola Municipal de Vela en Vilagarcía , proxecto de Alfonso Penela Fernández cun acto a celebrar en dita vila que inclúe a visita a dito edificio guiada polo seu autor. Ademáis, no mes de outubro terá lugar un ciclo de proxección de documentais de arquitectura. Máis información.

  • Vigo: Máis información.

  • Santiago: Máis información.

  • Ferrol: Fragas do Eume: paisaxe natural e paisaxe construida. A Delegación de Ferrol escolleu un conxunto de edificacións inseparablemente ligadas ao lugar no que se atopan, en definitiva, escolleuse un territorio e a sua paisaxe natural e construída. Máis información no enlace da web da Delegación de Ferrol. Máis información.

© COAG 2009