Actividades
Día Mundial
Cadernos de Viaxe
Cinecidade

Medio cento de paneis mostran os proxectos gañadores do segundo Concurso de Ideas, organizado polo Foro da Madeira, no COAG

O Foro da Madeira é un foro público-privado de traballo de formación e investigación creado polas Consellerías de Vivenda e Solo, Innovación e Industria, e Medio Rural, xunto coas empresas e institucións do sector da madeira (Cluster da Madeira en Galicia, FEARMAGA, FECEG e MONTEINDUSTRIA) para representar os intereses asociados ao desenvolvemento do emprego da madeira na construción e outros usos en Galicia. O Colexio de Arquitectos mantén con esta serie de actividades unha aposta pola arquitectura sostible aplicada a vivendas, a formas modernas dos espazos e da vida neles, a protección do noso entorno, tanto o construído como o medio natural.

Nesta mostra figuran os traballos (paneis e maquetas) dos participantes do concurso de ideas dividido en catro modalidades:

-Módulo de vivenda en madeira (ou módulo básico): utilización de madeira en elementos estruturais e compoñentes construtivos e que permitan a optimización da vivenda producida en serie, aproveitando as súas vantaxes de lixeireza, traballabilidade e resistencia, en combinación con outros materiais e sistemas.

-Elementos de mobiliario para espazos públicos: serie de elementos deseñados en madeira que permitan a súa futura integración na urbanización integral de espazos libres de uso público (parques, xardíns, prazas, pequenos espazos urbans e rurais,…), que teñan relevancia polo seu deseño, e tódolos elementos constitutivos do espazo público (mobiliario, quioscos, paradas de transporte público, medianeiras, muros,...)

-Módulo unidades dotacionais no rural: anteproxectos de prototipos de naves agrogandeira e/ou forestal experimental, con utilización da madeira en elementos estruturais e compoñentes construtivos e que permitan a sua optimización producida en serie, aproveitando as súas vantaxes de lixeireza, traballabilidad, resistencia e autoconstrución, con posibilidade de crecemento e adecuación as necesidades funcionais.

-Rehabilitar en madeira: edificios rehabilitados ou reconstruídos existentes na Comunidade Autónoma de Galicia nos que a madeira xoga un papel predominante ou característico. Son proxectos xa executados e finalizados de edificacións de uso residencial, institucional, comercial, industrial ou outros.

Está constituída por un total de 49 paneis de vivendas en madeira, mobiliario, instalacións para o rural e rehabilitacións, ademais de 11 maquetas. A mostra permanecerá aberta desde hoxe, 13 de marzo, ata o próximo 1 de abril, de luns a venres, de 11:30 a 13:30 e de 19:00 a 21:00 horas.







► Gañadores na modalidade de módulo vivenda en madeira:

1º premio: Eduardo Monteoliva Díaz
2º premio: Iria Rivas Ferreira, Alberto Cebral Loureda e Ramón Viéitez Rodríguez

► Gañadores na modalidade de mobiliario para espazos público:

1º premio: Cristóbal Crespo González
Accésit 1: Alfonso García, Santabárbara e Paula Jaén Caparrós
Accésit 2: Martín Cerreda Álvarez e Natalia Lorenzo Mena

► Gañadores na modalidade de módulo unidades dotacionais no rural en madeira:

1º premio: Víctor M. Hermo Sánchez
2º premio: Alfonso García Santabárbara e Paula Jaén Caparrós

► Gañadores na modalidade de rehabilitación e reconstrución en madeira:

1º premio: Julio Turnes Vieito
2º premio: Beatriz Hermida e Tomás Valente
Accésit: Raúl J. Veiga Lamelas






Do 13 de Marzo ao 1 de Abril de luns a venres, de 11:30 a 13:30 e de 19:00 a 21:00 horas.
>> DÍPTICO DO CONCURSO DE IDEAS EN MADEIRA