A Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos concentrouse, diante da sede do colexio na Praza da Quintana, en apoio á mobilización en defensa da Arquitectura e contra o Anteproxecto de Lei de Colexios e Servizos Profesionais (LSCP, aprobado o pasado 2 de agosto polo Consello de Ministros), convocada diante do Museo do Prado de Madrid polo Consejo Superior de Colegios de Arquitectos de España.
Santiago acollerá o sábado, 13 de outubro, un maratón de debuxo na rúa ao que poderán ir nenos e nenas. Celebrarase en varias horas do día e distintos lugares da cidade.
O vindeiro mércores, 13 de xuño, celebrarase ás 20:00 horas, no salón de actos da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, a conferencia "Proxectos en canto a infraestruturas e servizos ferroviarios en Galicia", a cargo do director general de Ferrocarriles do Ministerio de Fomento, Manuel Niño.
Este acto enmárcase dentro do ciclo en materia ferroviaria que terá lugar durante o mes de xuño na Cámara de Comercio, organizado pola entidade cameral, o Concello de Santiago e a Federación Española de Asociaciones de Amigos del Ferrocarril (FEAAF).
A Asociación de Veciños “A Xuntanza”, do barrio de San Pedro, celebra o vindeiro sábado, 2 de xuño, o “Día do Barrio” , no que organiza diversas actividades coas que reactivar a zona e unir aos habitantes do barrio entre sí e co resto da cidade (www.axuntanza.org). Dentro das iniciativas, figura a de recoller material escolar para enriquecer as bases dos colexios públicos da zona.
A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia quere colaborar nesta iniciativa, polo que anima a todos a aportar ese material de debuxo, que se poderá deixar nas oficinas da Delegación. O horario de recollida será de 10:00 a 14:00 horas, do luns 28 ao venres 1 de xuño.
[Máis información]
Nesta primeira exposición de obra gráfica na Galería METRO, “Iconville. La ciudad de los signos”, o artista MIGUEL CUBA (Lugo, 1982), licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo, presenta distintas vistas dunha cidade na que a publicidade e os letreiros luminosos apropiáronse de nomes e obras emblemáticas da cultura, reducíndoos a simples iconos que non gardan relación coa complexidade e significado dos seus referentes. O autor expón que esta forma de espectacularización da cultura, lonxe de contribuír a difundila ou popularizala, o único que consegue e despoxala do sentido e banalizala. A mostra poderase visitar na sala Metro de Santiago ata o 29 de maio (horario de verán: de luns a venres, de 11 h. a 14h. e de 17 h a 21 h.)
[Catálogo]
O proxecto eHabilita (www.ehabilita.com) é unha iniciativa desenvolta por Energylab, dentro do Programa empleaverde 2007-2013 da Fundación Biodiversidad e cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE). Este proxecto ofrece, de maneira gratuíta, formación presencial e on-line, un taller experimental, publicacións e asesoramento virtual. Co obxecto de promocionar a aplicación de enerxías renovables nas viviendas, organízase un “Curso de rehabilitación térmica” entre os días 28 de maio e 1 de xuño na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) de Santiago.
[Programa]
Máis información:
[Bases da convocatoria]
[Formulario canditura]
Baixo o título “Gobernanza e Xestión das cidades á luz da Estratexia UE 2020”, a Cámara Municipal de Viana do Castelo e o Eixo Atlántico organizan o I Foro Pensar a Cidade do Século XXI, que se celebrará o 23 de marzo no Castelo Santiago da Barra, en Viana do Castelo (Portugal).
[Invitación]
[Programa]
A USC organiza un Master en Xestión de Proxectos de Medioambiente e Responsabilidade Social Corporativa que comezará a impartirse o 2 de maio na Facultade de Económicas. Pretende atender a crecente demanda de profesionais con formación específica en materia de xestión dos impactos medioambientais e sociais da actividade económica.
[Máis información]
A Asociación Nacional de Empresas y Profesionales Inspección Técnica de Edificios organiza un curso sobre Patoloxías da Edificación, os días 9, 10 e 11 de febreiro en Madrid. Esté enfocado especialmente para a Inspección Técnica de Edificios. O seu obxectivo é que os alumnos adquiran en pouco tempo, de forma fácil e amena, amplos coñecementos que lles permitan diagnosticar os tipos de danos máis usuais das edificacións. Impartirase en 18 horas e proxectaranse un total de 800 fotografías de casos reais, coa finalidade de que os asistentes queden familiarizados coas lesións. O relator do curso será Manuel Muñoz Hidalgo.
[Máis información]
A Asociación Española de Abogados Urbanistas, en colaboración co Ilustre Colegio de Abogados de Madrid ( Grupo de Abogados Jóvenes), organiza o «VIII Curso de Aproximación al Dº Urbanístico» que se celebrará os días 23 e 29 de febreiro e o 8, 15 e 22 de marzo en Madrid. Ademais, a asociación concederá dúas bolsas de estudos.
[Máis información]
[ver PDF]
A Asociación O Sorriso de Daniel organiza o próximo 12 de febreiro a V Xeira Románica en Lugo. Realizarase un percorrido por diversas igrexas da cidade e visitarase a Catedral. Haberá un xantar conxunta para todos os participantes. Os interesados deberán inscribirse antes do 10 de febreiro.
[Máis información]
A revista de Dereito Urbanístico e Medio Ambiente (RDU) organiza o videiro día 7 de febreiro en Santiago de Compostela, o curso sobre "Valoracións inmobiliarias á luz do novo regulamento da Lei do Solo".
[Máis información]
A asociación O Sorriso de Daniel convoca para o vindeiro domingo, 22 de xaneiro, a IV Xeira Románica para visitar o Pórtico da Gloria e o Museo da Catedral de Santiago. Realizarase unha visita guiada polo tecido da cidade. O número de visitantes é limitado e o prazo de inscrición está aberto ata o xoves 19 de xaneiro.
[Máis información]
O Servizo de Formación da Área Técnica do Colexio de Arquitectos organiza este curso, na sede colexial de Santiago, para abordaros aspectos máis relevantes do desenvolvemento das obras, reflexionando sobre a misión do director de obra como responsable dos aspectos técnicos, estéticos, urbanísticos e medioambientais. Os interesados poderanse inscribirse ata o 15 de xaneiro.
[Máis información]
Esta publicación recolle o traballo de 30 estudios e 40 proxectos de Arquitectura de xoves arquitectos galegos.
Este curso desenvolverase na EGAP os luns, martes e mércores, entre o 16 de xaneiro e o 13 de febreiro de 2012, das 16:00 ás 20:00 horas. Achégase ligazón de acceso á páxina web da EGAP na que pode atopar a convocatoria publicada no DOG e o resto de infomación deste curso.
[Máis información]
O xoves, 15 de decembro, celebrarase a xornada Metaxénesix: Conferencias, presentación do Novo Libro e Debate, na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (ETSAC), a partir das 10:00 horas
[Máis información]
Proxección do documental ‘Historias dunha cidade. Santiago de Compostela, 25 anos Patrimonio da Humanidade’, de Pablo Tomé no CGAC. Mércores, 14 de decembro, ás 20.00 horas.
[Máis información]
Os arquitectos Jaime Rubio Landart e Carlos Gómez Perdomo publican o libro Arquitectos en la encrucijada, editado por Alianza Editorial. O prólogo foi escrito polo arquitecto Rafael De La Hoz.
Jacobo Bugarín, premiado cun dos catro accésits pola súa instalación Sin título. O arquitecto e artista compostelán expoñerá en 9THE13 durante febreiro e marzo de 2012.
Sala de exposicións Isaac Díaz Pardo, Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela). Ata o 4 de marzo de 2012 (de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas)
[Máis información]
Christian García Bello, premiado cun dos cuatro accésits pola súa instalación Todo ardió luminoso, pero no es suficiente. O artista coruñés, que inaugurou co El vals de las sombras a sala 9THE13 en 2009, protagonizará o terceiro aniversario da galería o próximo mes de outubro de 2012.
Sala de exposicións Isaac Díaz Pardo, Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela). Ata o 4 de marzo de 2012 (de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas)
[Máis información]
Este curso celebrarase do 12 ao 21 de decembre, en horario de 9.00 a 14.00 horas, nas dependencias do CIS Galicia (A Cabana s/n, Ferrol). [Máis información]
O vindeiro día 17 de novembro, ás 20:00 horas, a Fundación Granell inaugurará a gran mostra Bestiario, da man do copresidente do Padroado da Fundación Granell e alcalde de Santiago de Compostela, Gerardo Conde Roa. Ademais, asistirán varios membros do Padronado da Fundación, como Mercedes Rosón Ferreiro, Xosé Blanco Fondevila ou Francisco Constenla.
Bestiario, que ocupa todo o espazo expositivo do museo, está comisariada pola directora do centro, Natalia Fernández, e permanecerá aberta ata o próximo mes de maio do 2012.
Premio Ascensores Enor de Galicia
Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro, dos arquitectos D. José Valladares Durán, D. Alberto Redondo Porto e D. Marcial Rodríguez Rodriguez de rvr arquitectos.
Premio Ascensores Enor de Castela e León
Aulario da Facultade de Bioloxía e Ciencias Ambientais dos arquitectos Dña. Belén Martín Granizo e D. Daniel Díaz Font de DMG arquitectura.
Premio Ascensores Enor de Madrid
Edificio de laboratorios e almacéns químicos da Universidade de Alcalá de Henares, do arquitecto D. Héctor Fernández-Elorza.
Premio Ascensores Enor de Portugal
Bar no Xardín 9 de Abril, do arquitecto D. José Maria Cumbre e D. Nuno Sousa Caetano de ASPA.
Premio Ascensores Enor Arquitectura Xoven
Ximnasio 704, dos arquitectos D. David Lorente Ibañez, D. Josep Ricart Ulldemolins, D. Xavier Ros Majó e D. Roger Tudó Galí de HARQUITECTES.
O Gran Premio Ascensores Enor ao proxecto:
Museo del Agua, do arquitecto D. Juan Domingo Santos.
Máis información en www.enor.es
O Energylab, conxuntamente co Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), organizan en Santiago de Compostela o próximo 21 e 22 de novembro un congreso sobre “Rehabilitación eficiente en edficios”.
Contarase con representación da administración comunitaria e española, con destacados profesionais do sector, así como con entidades de referencia.
O congreso terá lugar no Auditorio da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en Santiago de Compostela (Polígono das Fontiñas, Rúa de Madrid, 2-4 - 15707 Santiago de Compostela).
Para consultar o programa: http://www.energylab.es/esp/eventos_energylab.asp?nar3=1
As inscripciones formalizaranse enviado un correo electrónico a: info@energylab.es
Haberá prazas limitadas posto que a entrada é libre ata completar o aforo da sala.
O luns, 14 de novembro, celebrarase en Vigo a entrega dos V Premios de Arquitectura Ascensores ENOR. Durante o acto, outorgaráselle unha distinción especial ao arquitecto Eduardo Souto Moura, recente gañador do premio Pritzker.
O Premio de Arquitectura Española CSCAE 2011, que outorga bienalmente o Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España, recaeu nesta ocasión no paseo marítimo da praia de poñente en Benidorm, de Carlos Ferrater i Lambarri e Xavier Martí i Galí.
O valor ambiental dos corredores verdes é indubidable e así o recolle a ampla normativa existente nesta materia, tanto a nivel local como europeo. Non obstante, quedar na visión puramente ambientalista de este tipo de estruturas sería renunciar a súa gran potencialidade como elementos estratéxicos de planificación e ordenación do territorio, tanto na escala urbana como rexional.
Nestas V Xornadas da Paisaxe Cultural do Noroeste preténdese reflexionar acerca deste tipo de estruturas baixo diferentes visións e analizando diferentes experiencias tanto en España como noutras partes do mundo, sexa cal sexa a súa escala.
Máis información e inscricións:
http://www.ceida.org/formacion/v-xornadas-da-paisaxe-cultural-do-noroeste-2011-corredores-verdes.html
O vindeiro xoves, 10 de novembro, ás 20:00 horas, celebrarase, na sede da Delegación, na Casa da Conga nº 1-1º, unha nova reunión da Comisión de Cultura.
Tras a charla-coloquio sobre o concurso da Estación do Ferrocarril do pasado día 26 de outubro, a Delegación quere darlle continuidade cun ciclo de reunións onde se debaterán asuntos de interese, alternando con encontros para expoñer o traballo a todos os compañeiros. Por iso, a xunta directiva da Delegación recibirá gustosamente calquera suxerencia, ben de temas xerais ou de exposicións particulares que poidan enriquecer ao colectivo.
En caso de nonpoder acudir fisicamente á reunión, pódense enviar as suxerencias ao correo:
xd.santiago@colexiodearquitectos.org
O Centro de Estudios Jurídicos Superiores (CEJUS) organiza para o 15 de decembro un curso sobre as últimas modificacións en materia de urbanismo. O novo réxime do silencio (RD Ley 8/2001) en Santiago de Compostela. [ver PDF]
A Plataforma Tecnológica Española de Eficiencia Energética (PTE-EE 2011) organiza catro reunión de traballo para impulsar solucións de eficiencia enerxética para as empresas. A cita será o 10 de novembro na Sala de Conferencias do Centro Social Novagalica Banco de Vigo (rúa Policarpo Sanz, 24-26). [ver PDF]
Trátase dun curso no que a parte teórica desenvolverase a través da plataforma de teleformación do Aula de Formación Continua da Enxeñería Civil de Galicia, en colaboración co Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos de Galicia, enfocada sobre o entorno moodle. A parte práctica impartirase nunha sesión presencial que se celebrará o 10 de novembro na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en Santiago de Compostela. [ver PDF]
O pasado xoves, 6 de outubro, aprobouse en Pleno Municipal do Concello de Santiago de Compostela a nova Ordenanza Municipal de Tramitación de Actividades, coa intención de axilizar o proceso de obtención da autorización para a posta en marcha das actividades económicas na cidade. Esta Ordenanza non modifica as condicións técnicas previas que os locais teñen que reunir. [ver PDF]
O Departamento de Construcciones Arquitectónicas e Ingeniería del Terreno da Universidad de Valladolid organiza a novena edición das Xornadas teórico-prácticas de PATOLOXÍAS, REPARACIÓN E REFORZO DE EDIFICACIÓNS, que se celebrarán os días 24, 25 e 26 de outubro. [ver PDF]
Esta acción formativa, organizada polo INEGA, impartirase en setembro e outubro no Parque Eólico Experimental Sotavento (Xermade, Lugo), en horario de 10.30 a 14.00 horas e de 15.00 a 18.00 horas. [ver PDF]
Trátase dun curso gratuíto dirixido a arquitectos colexiados ao amparo do convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) e o COAG. Celebraranse durante los meses de setembro e outubro en Ourense, A Coruña, Lugo e Pontevedra con prazas limitadas a 25 alumnos por curso.