Día Mundial    Cadernos de Viaxe     Cinecidade

RUTAS DE ARQUITECTURA DIVERSA é un proxecto da Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia que se desenvolveu no programa de radio «Hoy por hoy santiago» durante o mes de agosto de 2012.

Nel se describiron catro percorridos nos que se amosa a capacidade da cidade de combinar de forma armónica arquitecturas de distintas épocas, orgullosas do momento no que se alumbraron, para xerar un tecido e un espacio público de calidade. A cidade histórica é o mellor exemplo desta capacidade, pero, desde esta institución, queremos aportar a nosa ollada para achegar os outros acertos (e, por qué non?, tamén erros) da cidade, máis alá dO seu núcleo histórico.

As rutas, que foron elaboradas coa amable colaboración do estudio k2c arquitectas, están descritas nos PDFs que figuran a continuación, aportando ademáis, con cada un, o audio no que se describe pormenorizadamente o percorrido.

>> Audio de SER Santiago


Rutas de arquitectura diversa 1



 
ver pdf       







Audio de SER Santiago
Rutas de arquitectura diversa 2 ver pdf




Audio de SER Santiago
Rutas de arquitectura diversa 3 ver pdf







Audio de SER Santiago
Rutas de arquitectura diversa 4 ver pdf







Audio de SER Santiago