ALEMANIA, ANO CERO
(Germania anno zero)

ITALIA
1948/74 min.
Dirección: Roberto Rossellini
Reparto: Edmund Moeschke, Werner Pittschau, Barbara Hintz, Franz Krüger, Alexandra Manys, Erich Gühne

Ambientada en Berlín, cidade pantasma, inmediatamente despois da caída do Terceiro Reich, a película conta a historia de Edmund Koeler, un neno que vive na maior dificultade. Como moitos outros habitantes dese silencioso cúmulo de cascallos en que se converteu a cidade, Edmund percorre os edificios destruídos en busca de alimentos para a súa familia, de quen é o único sustento.