Noticias
Revista de Prensa
Audios
Videos


O problema da conexión coa Cidade da Cultura non se resolve con iso, aínda que as outras dúas opcións serían razoables (especialmente a zona traseira do Parlamento de Galicia). Compostela precisa unha conexión territorial” apoiada nun “sistema de mobilidade sólido. Para enlazar o casco urbano coas Brañas do Sar e o monte Gaiás, hai que superar a barreira da Avenida de Lugo, que é unha vía urbana con linguaxe de autoestrada. Ademais o teleférico, neste punto, supón substituír de modo artificioso e ortopédico unha conexión natural da zona nova coas Brañas do Sar, e simplificar o problema de Santiago coa súa contorna. Suporía comezar polo tellado as accións de mobilidade do Plan Estratéxico de Santiago recentemente anunciado.

A Cidade da Cultura únese a Santiago por un fío de prata que case ninguén ve e que, aínda menos, a xente usa, xa que está cortado pola muralla (Avenida) de Lugo. A Cidade da Cultura é parte da cidade, queirámolo ou non. Necesita conexións sólidas, capaces, para transportar alí algo máis que mercadoría humana dende o fito catedral-cidade histórica, dende a cidade toda, dende a contorna toda, dende un territorio que vai bastante máis aló. Estaría ben utilizala como desculpa para expor conexións que dean unha facilidade engadida ao visitante-pasaxeiro, aportando unha pinga máis de sentido á súa existencia de turista, e que sirvan ao mesmo tempo ao CIDADÁN con maiúscula. Usemos o problema como pretexto para coser a urbe á súa contorna, ao seu territorio natural que creceu, por forza da práctica, en termos municipais distintos.

O teleférico sería un elemento pura e exclusivamente de uso turístico e suporía unha banalización: O problema de fondo do teleférico ten relación cun problema de mobilidade da cidade. Tomemos o facho da auténtica modernidade e expoñamos un concepto de cidade de futuro, con futuro, non baseado no simple existe, logo o uso, que se aplicou sempre ao uso das armas. O transporte, ben soñado, ben resolto, é un arma de futuro.

Idoia Camiruaga

 


 

O teleférico e a Cidade da Cultura

teleferico santiago de compostela

O proxecto de construción do teleférico no ramal que parte da praza do Matadoiro, pode supoñer sobrecargar a cidade histórica nun punto no que está moi sa. Ademais pódense poñer en perigo áreas únicas como a ruela da Tafona, unha corredoira de paso ao rural, unha xoia, moi sensible, porque tería que soportar o paso constante dos usuarios do teleférico.