metrópolis pelicula
METRÓPOLIS
Alemaña/1926/120 min.
Dirección: Fritz Lang
Reparto: Alfred Abel, Gustav
Fröhlich, Rudolf Klein-Rogge, Brigitte Helm

Filme baseado na novela de Thea Von Harbou e considerado a primeira película de ciencia ficción.
Metrópolis é unha cidade do século XXI onde os señores viven
placidamente mentres que os
obreiros traballan para eles na
cidade soterrada controlando
enormes máquinas. Tras comprobar a inxustiza social do seu pai, o fillo do amo de Metrópolis namórase cando escoita a María transmitindo unha mensaxe de esperanza a todos os traballadores. Un malévolo sabio constrúe un androide á imaxe de María, para sementar a discordia entre os rebeldes. Pero o robot escapa do control do científico...