Noticias
Revista de Prensa
Audios
Videos

curso sobre a interpretación das Normas do Hábitat Galego
curso sobre a interpretación das Normas do Hábitat Galego

curso sobre a interpretación das Normas do Hábitat Galego

Preto de cen colexiados da Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) asisten o luns 22, e o martes, 23, a un curso sobre a interpretación das Normas do Hábitat Galego. O curso ten lugar na Consellería de Vivenda e Solo (Área Central) ás 18:00 horas.

Con motivo da promulgación o pasado 20 de decembro do Decreto 262/2007 do Hábitat Galego, a Consellería de Vivenda e Solo ofrecerá un curso en cada Delegación do COAG, no que se expoñerá as novidades que implica e resolverá as dúbidas que a súa aplicación pode producir.

Estas xornadas non pretenden ser críticas senón de conceptos de deseño e interpretación do proxecto. Ademais, tamén asisten outros arquitectos que forman parte da mesa do hábitat e que sinalan aos colexiados como interpretar as dimensións e normas ás que se fai referencia no texto da lei.

O encargado de impartir este curso, que se celebrará o próximo luns, 22, e martes, 23, é Ignacio Cerrada González, Subdirector Xeral de Habitabilidade e Calidade da Edificación.

Este curso completa a formación e reciclaxe que os arquitectos galegos reciben a través do Colexio, imprescindible dada a constante evolución das técnicas e dos sistemas construtivos, a aparición de novos campos de intervención profesional, as novas demandas propiciadas polo desenvolvemento social ou a aparición de novas normativas técnicas, entre outras.

Todos estos condicionantes fan que o arquitecto teñan que realizar un esforzo constante de posta ao día dos seus coñecementos e da información que manexa.

 

Preto de cen colexiados do COAG-Santiago fórmanse na interpretación das Normas do Hábitat Galego