Noticias
Revista de Prensa
Audios
Videos

Tralo informe publicado pola Comisión Nacional da Competencia na que fala da
regulación profesional en España, a Delegación de Santiago do Colexio Oficial
de Arquitectos de Galicia desexa expresar a súa posición, que se sustenta nas
seguintes premisas:
- O informe refírese a un tótum revolútum sen facer diferenzas entre as
distintas profesións, xa que algunhas esixen preparación e cualificación
específicas para ser exercidas que, por suposto, non poden ser desempeñadas
por calquera persoa ou profesional.
- O Colexio de Arquitectos, como institución, leva setenta e cinco anos
prestando servizos de interese xeral á comunidade con probada conciencia
social e defensa do territorio.
- A profesión de arquitecto require alta especialización, tendo en conta a súa
grande complexidade técnica. Precisa un profesional cualificado e con criterio.
- Certo que se impón unha reordenación coherente da normativa colexial. Pero
lembremos que o Colexio dá seguridade ao cliente ao saber que conta cun
profesional que ten a cualificación necesaria. Ademais, o cliente ten a certeza
de que o produto que obtén cumpre as normas técnicas e legais, ademais de
ser consciente de que pagar menos non se corresponde necesariamente con
recibir mellor atención e servizos.
- O Colexio de Arquitectos, corporación de dereito público como todos os
colexios profesionais, caracterízase por realizar unha xestión transparente,
velar pola formación continua dos seus colexiados e aportar solvencia e
seguridade á nosa actividade profesional.
Finalmente, queremos explicitar que o Colexio de Arquitectos de Santiago
ofrécese, desde xa, coa súa experiencia, á Comisión Nacional da Competencia
para colaborar na redacción dunha nova proposta, axeitada aos novos tempos.

 


 

REFLEXIÓNS do COAG-Santiago sobre o informe da Comisión Nacional da Competencia sobre a Regulación Profesional en España