CAPITÁN ABU RAED
(Captain Abu Raed)

XORDANIA
2007/102 min.
Dirección: Amin Matalqa
Reparto: Nadim Sawalha, Hussine Al-Souse, Udey Al- Qadise, Nadim Mushahwar, Faisal M a j a l i , Khaled A l - S a f i , Mohammad Qteshat, Ayat Najah Abd Al-Sadeq, Khuloud Khaled Issa, Rami Samara

Abu Raed (Nadim Sawalha) é un solitario membro do equipo de limpeza do aeroporto internacional de Ammán. Sempre quixo viaxar polo mundo, pero ao non poder facer realidade o seu soño, víveo a través de libros e de breves charlas con algún viaxeiro. Un día, atopa unha gorra de capitán nunha papeleira e un chico do barrio vésella posta camiño da casa. Ao día seguinte, un grupo de nenos espérao diante da porta, convencidos de que é piloto. Nace unha amizade entre o home e os nenos. Feliz de ter compañía, fai viaxar aos rapaces polo mundo mediante historias inventadas.