L'EXTRAORDINAIRE DESTIN DE MADAME BROUETTE
Senegal, Canadá e Francia
2002/104 min.
Dirección: Moussa Sene Absa
Reparto: Ousseynou Diop, Rokhaya Niang, Aboubacar Sadikh Bâ, Kadiatou Sy, Ndèye Sénéba Seck, Moustapha Niang, Juliette Aîta Bâ, Mody Fall, Ibrahima Mbaye Sope, Akéla Sagna

Orgullosa e independente, Mati, alcumada “Madame Brouette”, vive de empuxar a súa carretilla polas rúas do mercado de Sandaga. Divorciada, vive coa súa filla Ndèye e a súa amiga Ndaxté, que tamén escapou dun marido violento. Soñan con abrir un pequeno restaurante, un lugar que lles permita vivir con dignidade. Está farta dos homes e non quere saber nada deles. Pero o destino ten outros plans e coñece a Naago...