A CIDADE DOS NENOS
PERDIDOS

Francia/1995/114 min.
Dirección: Jean-Pierre Jeunet,
Marc Caro

Reparto: Dominique Pinon, Ron
Perlman, Jean-Claude Dreyfus,
Daniel Emilfork


Krank é un científico que rapta
nenos para poder roubarlles o soño pracenteiro e así, poder soñar el. Para levar a cabo os seus escuros propósitos este científico conta cun camión que rapta ós nenos. É así, como o pequeno irmán de One é raptado. One comeza unha busqueda desesperada que o leva a coñecer a Miga e a súa cuadrilla.
A película é un despregue de artesanais efectos especiais (tan
funambulescos como as fantasías de Mèliés de principios do século XX) e posúe unha valiosa carga de humor negro.