Visado
Tramitación telemática
Descripción
"COAG Estudio" é a aplicación informática que permite aos colexiados do Colexio
de Arquitectos o Visado Dixital dos seus expedientes. O Visado Dixital consiste
na sinatura dixital de arquivos, converténdoos así en arquivos de identidade e autenticidade
inquebrantables. Mediante a esta aplicación informática, pódense enviar a visar
expedientes dixitalmente seguindo un procedemento ordenado, hanse cubrir uns datos
obrigatorios e introducir a documentación gráfica e escrita en formato PDF. Estes
arquivos incluídos na estrutura documental asinaranse dixitalmente co Coagestudio
por medio da sinatura dixital.
Vantaxes. Diferenzas co visado físico.
As principais diferenzas e vantaxes do visado dixital son:
- Desaparece o papel ata a impresión final definitiva. Aforro de custes na preparación
de copias en papel previas ó visado.
- Envío da información vía web, o que nos dá liberdade total de movemento.
- Rexistro de entrada dos documentos automática. Servizo 24 horas.
- Comunicación, seguimento e xestión económica, vía web.
- Copia de seguridade automática, externa ao noso estudio.
- Organización de todas as entregas, correccións e documentos.
- Arquivo detallado de encargantes e colaboradores. Base de datos.
- Autocontrol do procedemento, organización de expedientes/ documentos e autocorrección,
consulta dos posibles motivos de retención.
- Aforro de espacio de almacenaxe e arquivo.
- Dispoñibilidade de copias visadas en todo momento sen necesidade de pasar polo Colexio.
Solicitar o visado dixital
Manuais e axuda
Instalable
[1] Notas:
Antes de proceder á instalación, é necesario descomprimir o contido do arquivo .zip a unha carpeta do seu disco duro.
En Windows XP, COAG Estudio require ter instalado previamente o Service Pack 3 do sistema operativo.
Se utilizas o antivirus "Avast", podes experimentar incidencias no funcionamento de COAGEstudio. Isto débese ao comportamento do antivirus na súa última actualización. Esta guía describe como establecer unha exclusión para COAGEstudio no "Avast"