Colexiación de persoas físicas

Colexiación

A continuación, indícanse as instrucións e formularios a empregar para realizar trámites relativos á colexiación, segundo a finalidade do trámite: alta, cambio de delegación e baixa.

En todo caso, pódense facer as seguintes indicacións xenéricas:

  1. Formularios en formato papel e dixital:
    1. En xeral, a maioría dos formularios poden ser cubertos e asinados dixitalmente, podéndose entregar neste caso en formato pdf, remitindo un correo electrónico á Secretaría colexial. A única excepción sería a copia compulsada do título nas solicitudes de alta, do cal deberá presentarse sempre a copia compulsada en papel.
    2. Por formato dixital enténdese pdf asinado co DNI dixital, o certificado da FNMT ou calquera outra sinatura dixital válida, non é valida a documentación en pdf simplemente coa sinatura escaneada. En caso de aportalos asinados cunha sinatura dixital válida, só se admitirán en formato pdf, os documento con sinatura dixital non son válidos en formato papel.
  2. Envío de documentación completa por email e, en caso de ter que entregar documentación en papel, solicitude de cita previa:
    1. Toda a documentación da solicitude de colexiación (alta, cambio de delegación e baixa) deberá ser remitida por correo electrónico á Secretaría colexial (a través do Formulario de contacto ou directamente ao correo electrónico dese Área), para proceder á súa revisión previa, antes de confirmar que procede a tramitación.
    2. Remitirase toda a documentación cuberta, firmada dixitalmente ou non. En caso de que non estea firmada asinada dixitalmente, remitirase copia escaneada da documentación cuberta e asinada por correo electrónico, para confirmar a súa corrección antes de proceder a solicitar a cita previa para entregalo na oficina colexial correspondente.
    3. En caso de que se trate dunha solicitude de alta, deberase remitir en todo caso á Secretaría por correo electrónico unha copia compulsada ante notario do título.
    4. Unha vez confirmado que a documentación é correcta, informarase ao solicitante para que proceda a solicitar unha cita previa conforme ao procedemento establecido, na oficina colexial que corresponda, para a entrega da documentación en papel que proceda.

A continuación, refírense as indicacións específicas en función da modalidade de trámite:

  • 1. Alta
    Para solicitar a alta como colexiado no Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, será preciso remitir o correspondente formulario de solicitude á Secretaría colexial, acompañada dunha serie de documentación que variará en función das seguintes circunstancias do/s solicitante/s: - Dispoñer de título de arquitecto español ou estranxeiro - Estar ou ter estado colexiado noutro colexio de arquitectos de España - Ter estado colexiado no Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Recoméndase que, para facilitar este trámite inicial, así como os trámites a realizar unha vez colexiado, en caso de que o solicitante non dispoña de firma dixital, proceda a solicitala á maior brevidade posible. A continuación, figuran os enlaces onde se poden consultar os trámites oportunos en cada caso, así como a documentación a aportar.
Cotas colexiais

As cotas de colexiación vixentes no momento de solicitar a incorporación, poderanse consultar premendo no seguinte enlace.

Consultas
  1. Solicitantes non colexiados: En caso de ter calquera dúbida sobre o proceso de colexiación, poderán realizar consultas na Secretaría colexial, a través do formulario de contacto na web colexial dispoñible no seguinte ENLACE
  2. Solicitantes colexiados: deberán realizar as súas consultas a través da plataforma de consultas colexial, no seguinte ENLACE

Os colexiados que desexen consultar o estado de tramitación da súa solicitude deberán realizalo a través da plataforma de consultas colexial, no seguinte ENLACE

© 2020 Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia | Contactar | Aviso legal