Correo electrónico @coag.es
Instruccións de configuración
Acceso a través de programas de correo ou dispositivos móbiles
Estas instrucións axudaranche a configurar a túa conta de correo @coag.es nun programa de correo (como Outlook, Thunderbird, Mail de Apple) ou nun dispositivo móbil.
Importante: Seguridade OAuth 2.0 e Compatibilidade do Programa de Correo
Antes de comezar, é fundamental entender dous puntos clave para garantir un acceso seguro e continuo ao teu correo @coag.es:
-
OAuth 2.0 é Obrigatorio*
Google finalizou o soporte para o antigo método de "Acceso de aplicacións menos seguras" (LSA).
Este método xa non funciona por motivos de seguridade.
Para conectar coa túa conta, debes utilizar programas de correo que admitan o método de inicio de sesión moderno e seguro OAuth 2.0.
Este método utiliza unha xanela de inicio de sesión de Google para autorizar o acceso de forma segura, protexendo o teu contrasinal.
* Se tes activada a verificación en dous pasos (2FA), aínda é posible usar contrasinais de aplicación (códigos de 16 caracteres) para configurar programas antigos que non soportan OAuth 2.0.
Esta opción segue dispoñible por agora, pero non se recomenda, xa que podería eliminarse no futuro por motivos de seguridade.
-
Precisas un Programa de Correo Compatible con OAuth 2.0
- Outlook: Son compatibles e recomendadas as versións de Microsoft 365, Outlook 2024, Outlook 2021, Outlook 2019 e Outlook 2016 (versión 16.0.8431.2079 ou superior). Versións anteriores (Outlook 2013, 2010, 2007 e previas) NON soportan OAuth 2.0 nativamente e presentarán problemas de conexión ou deixarán de funcionar. É imprescindible actualizalas.
- Thunderbird: Utiliza as versións máis recentes, que soportan OAuth 2.0.
- Mail de Apple (macOS / iOS): Son compatibles e utilizan OAuth 2.0 ao configurar a conta como
Google
.
- Outros Clientes / Móbiles: A maioría das aplicacións modernas e as opcións de configuración simplificadas tipo
Google
ou Gmail
adoitan usar OAuth 2.0 automaticamente.
Se o teu programa de correo non está nesta lista de compatibles, recomendamos encarecidamente actualizalo antes de proceder coa configuración.
NOTA: Entendendo os protocolos de conexión IMAP e POP:
- IMAP (Internet Message Access Protocol): É o método recomendado.
Sincroniza o teu correo entre o servidor e todos os teus dispositivos.
Os cambios feitos nun lugar reflíctense en todos.
- POP (Post Office Protocol): Descarga os correos a un único dispositivo.
Non sincroniza o estado das mensaxes nin os cartafoles entre dispositivos.
Configuración Simplificada (recomendada para móbiles e clientes modernos):
Moitos programas de correo actuais e aplicacións móbiles (iOS Mail, Gmail en Android, Outlook recente, etc.) simplifican enormemente a configuración:
- Ao engadir unha nova conta, busca e selecciona a opción
Google
ou Gmail
.
- Introduce a túa dirección de correo completa (
nome@coag.es
).
- Serás redirixido a unha xanela de inicio de sesión segura de Google onde introducirás o teu contrasinal e, se é o caso, completarás a verificación en dous pasos.
- Normalmente, isto é todo.
O programa configurará automaticamente os servidores (
imap.gmail.com
, smtp.gmail.com
), portos, cifrado e o método de autenticación seguro OAuth 2.0
.
Se a configuración automática/simplificada non está dispoñible ou prefires a configuración manual, utiliza as seguintes opcións:
Configuración Manual Recomendada: IMAP con OAuth 2.0
- No teu programa de correo, inicia o proceso para engadir unha nova conta.
- Selecciona IMAP como tipo de conta.
- Introduce a seguinte configuración:
- Servidor de Correo Entrante (IMAP):
- Servidor:
imap.gmail.com
- Porto:
993
- Cifrado:
SSL/TLS
(ou SSL
, conexión segura)
- Servidor de Correo Saínte (SMTP):
- Servidor:
smtp.gmail.com
- Porto:
465
(con cifrado SSL/TLS
) ou Porto: 587
(con cifrado STARTTLS
ou TLS
)
- Require autenticación: Si (marcar opción como "Usar mesma configuración que servidor de entrada" ou similar)
- Nome de Usuario: A túa dirección de correo completa (ex:
nome@coag.es
)
- Método de Autenticación: Selecciona
OAuth 2.0
.
O programa debería redirixirte a unha xanela de inicio de sesión de Google.
Configuración Manual Alternativa: POP3 con OAuth 2.0 (desaconsellado)
Utiliza esta opción só se necesitas especificamente POP.
Google anunciou experimentalmente en 2022 soporte limitado para POP3 con OAuth 2.0 en certas plataformas modernas (como Outlook actualizado ou clientes compatibles).
Con todo, hoxe en día, Google desaconsella POP3, e aínda que tecnicamente admite OAuth para POP3 nalgunhas plataformas, non o garante para todos os clientes, nin é soportado por Outlook de forma estable en configuracións manuais.
- No teu programa de correo, inicia o proceso para engadir unha nova conta.
- Selecciona POP3 (ou
POP
) como tipo de conta.
- Introduce a seguinte configuración:
- Servidor de Correo Entrante (POP3):
- Servidor:
pop.gmail.com
- Porto:
995
- Cifrado:
SSL/TLS
(ou SSL
, conexión segura)
- Servidor de Correo Saínte (SMTP):
- Servidor:
smtp.gmail.com
- Porto:
465
(con cifrado SSL/TLS
) ou Porto: 587
(con cifrado STARTTLS
ou TLS
)
- Require autenticación: Si (marcar opción como "Usar mesma configuración que servidor de entrada" ou similar)
- Nome de Usuario: A túa dirección de correo completa (ex:
nome@coag.es
)
- Método de Autenticación: Selecciona
OAuth 2.0
.
O programa debería redirixirte a unha xanela de inicio de sesión de Google.
Alternativa para Programas Antigos non compatibles con OAuth 2.0 e Contas POP en Outlook (desaconsellado)
Acceso mediante Contrasinais de Aplicación
Para poder empregar un programa antigo (como certas versións de Outlook configuradas con POP ou apps antigas) é necesario seguir estes pasos:
- É preciso ter activada a Verificación en Dous Pasos (2SV).
A verificación en dous pasos é unha capa adicional de seguridade que require, ademais da túa contrasinal, un segundo método de autenticación (notificación no móbil, SMS, app Authenticator, dispositivo de confianza, etc.).
- Accede á versión web do teu correo @coag.es: http://mail.coag.es e diríxete á Configuración de seguridade da túa conta.
- Na sección Inicio de sesión en Google, activa a opción Verificación en dous pasos e completa a configuración cun segundo factor.
- Debes xerar un Contrasinal de Aplicación.
- Dende o seguinte apartado da conta: Seguridade > Inicio de sesión > Verificación en dous pasos, vai a Contrasinais de Aplicación.
- Inicia sesión se se che solicita.
- Describe a aplicación/dispositivo (por exemplo, “Ordenador con Outlook”).
- Fai clic en "Xerar".
- Copia o contrasinal de 16 caracteres que se mostra.
- Emprega o Contrasinal de Aplicación no teu programa de correo.
Ao configurar a conta no programa antigo, introduce ese contrasinal de aplicación de 16 díxitos no campo de contrasinal, en lugar do teu contrasinal habitual.
O resto da configuración (servidores, portos e opcións de seguridade) é a mesma que a indicada nas guías manuais para contas POP ou IMAP.
Lembra que este método é só unha medida temporal para compatibilidade. Non se recomenda por motivos de seguridade e Google podería eliminalo no futuro. Sempre que sexa posible, opta por programas modernos que admitan OAuth 2.0.
NOTA: Comprobar ou Activar IMAP/POP dende o entorno Web
Normalmente, o acceso IMAP (recomendado) xa está activado por defecto na túa conta. Non obstante, pode ser necesario que comprobes esta configuración nos seguintes casos:
- Se tes problemas para configurar o teu programa de correo: Asegúrate de que o protocolo que intentas usar (IMAP ou POP) figura como Habilitado.
Se está desactivado, o teu programa non poderá conectar.
- Se queres usar POP especificamente: O acceso POP adoita estar desactivado por defecto, polo que probablemente necesites habilitalo manualmente aquí.
- Se queres axustar opcións de POP: Aquí podes decidir se queres que as mensaxes se eliminen do servidor despois de descargalas ou se prefires conservar unha copia na bandexa de entrada da web.
Para comprobar ou modificar esta configuración:
- Accede á versión web do teu correo @coag.es: http://mail.coag.es
- Fai clic na icona de Configuración (⚙️) na esquina superior dereita e selecciona Ver todos os axustes.
- Vai á pestana Reenvío e correo POP/IMAP.
- Na sección Acceso IMAP: Verifica que o estado sexa Habilitado (recomendado).
- Na sección Descarga de correo POP: Se necesitas usar POP, selecciona unha das opcións para habilitalo e elixe que facer coas mensaxes despois da descarga.
Ligazóns de Axuda Oficial de Google: