Xuntas xerais

Alta na participación por vía telemática

A participación por vía telemática nas xuntas xerais require darse de alta. Para facelo debes cubrir e asinar dixitalmente (DNIe, FNMT) o seguinte formulario:

Unha vez cuberto e asinado, debes presentalo "on line" dende a páxina de datos persoais, sección "Participación por vía telemática nas Xuntas Xerais":

Unha vez verificado no colexio o formulario de solicitude, enviarémosche o documento de compromiso asinado por parte do COAG e confirmarémosche por email a túa alta na participación por vía telemática. En calquera caso, de cara á participación por vía telemática na seguinte Xunta Xeral, consulte o  prazo máximo para a presentación da solicitude na páxina web da Xunta Xeral ou na Circular correspondente.

Unha vez de alta, poderás participar de forma telemática en calquera Xunta Xeral que se realice con posterioridade.

Se xa estás de alta e precisas modificar os datos relacionados coa participación telemática, podes facelo subindo á mesma páxina de presentación, debidamente asinado, o seguinte formulario de modificación de datos.

© 2024 Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia | Contactar | Aviso legal