Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

Concurso de Proxectos "Elemento Identificativo Colexios da Xunta de Galicia"

INTERCONECTABLES [Premiada] O Xurado destaca, da proposta gañadora, o cumprimento estricto das condicións de partida sinaladas nas bases, valorando específicamente a modulariedade da solución, permitindo así a adaptación a moi diversas situacións e condicións de partida, e tratándose dun proxecto desenvolto técnicamente ao nivel necesario para a sua construción, factible, de montaxe sinxela e perfectamente reversible.

XXYX [Accesit] Destácase a rotundidade formal e a relevancia de propoñer un tótem coma elemento icónico, ainda que con eivas no canto da sua definición construtiva e estructural.

STICKERS [Accesit] Destaca na proposta “Stickers” a resposta cunha imaxe potente e clara ao obxecto do concurso, sendo, sen dúbida, identificativo, aínda que sen responder de xeito tan claro a demandas das bases como a modulariedade ou a funcionalidade.

© Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia | Contactar | Aviso legal