A Coruña  Lugo  Ourense  Pontevedra  Vigo  Santiago  Ferrol 

cat ·  cultura ·  planeamento ·  servicios dixitais ·  peritos e forenses
INSTITUCIÓN
colexio
decanato
exposicións
premios
prensa

INFORMACIÓN
circulares
novedades
concursos
axudas
emprego
visado
directorio

RECURSOS
normativa
planeamento
documentos
programas
Ofertas COAG

FORMACIÓN
cursos do COAG
biblioteca

EDICIÓNS
técnicas
culturais

ATENCIÓN Ó COLEXIADO
servizo de atención ó colexiado



novedades
 [ Novedades ] Axenda | 

Plan de Ordenación do Litoral.
O pasado luns 25 de xaneiro presentábase o documento previo á aprobación inicial do Plan de Ordenación do Litoral. Hoxe xa é posible consultar o seu contido na web da Xunta de Galicia premendo na ligazón do título. Asemade pódese visualizar un vídeo en http://www.ilux.es/es/POL sobre o devandito plan.
MEMORIAS2. ACTUALIZACIÓN 2010.
A partires do 13-01-2010, xa está dispoñible a nova versión v.2.2.0 do programa memorias2. Os actuais usuarios poden comprar o soporte técnico 2010 e os novos usuarios poden comprar o programa memorias2; en ambos casos co soporte técnico anual que inclúe a versión v.2.2.0, e as versións e o servicio de consultas vía e-mail, durante o ano natural.
A licenza municipal de obras dixital.
O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia ofrécese á Consellería de Presidencia para implantar a licenza municipal de obras dixital. Trátase dunha iniciativa que da cumprimento á Lei ómnibus promovendo a administración electrónica como xeito de garantir a efectiva libre competencia e circulación de servizos.
Web de Información Urbanística de Galicia.
Nova actualización da Web de Planeamento Urbanístico con data 22.01.2010. Nesta ocasión incorpórase o Plan Xeral de Ordenación Municipal do concello de Rairiz de Veiga (Ourense) coa orde de aprobación definitiva parcial do 10 de xullo do 2009. Asemade recollemos os planeamentos de desenvolvemento chegados á Consellería neste último mes e os planeamentos históricos procedentes dos arquivos da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.
Novo blog coag+.
O símbolo + quere reflectir o desexo de transmitir e comunicar mais, de facilitarvos mais información, de facer mais,…e de ser mais. O obxectivo é que accedades puntualmente as noticias mais recentes na xestión diaria da Xunta de Goberno do COAG.
Plataforma de Reflexión e Difusión "A cidade dos barrios".
A iniciativa da Delegación da Coruña continua a desenvolverse a través de internet. De xeito paralelo, na Fundación Caixa Galicia, realizanse tanto as presentacións das accións impulsadas cos veciños como un ciclo de conferencias de arquitectos e urbanistas.
Actuacións do convenio COAG-CVeS.
Nun servizo de asesoramento e asistencia, o COAG asinou en outubro de 2008 un CONVENIO coa CONSELLERIA de VIVENDA e SOLO para o desenvolvemento das Normas do Hábitat Galego (NHG) e libro do edificio. Có especial interese de poñer en coñecemento de todos os traballos e documentos de apoio realizados no marco deste convenio, ábrese esta páxina web que da cabida ao contido do convenio asinado no seu día.
Seguimento do COAG respecto a obras e expedientes de encargo oficial.
Páxina web con procedementos, acordos e documentos asociados do proceso de seguemento dos expedientes de encargo oficial dentro do COAG.

 



blog coag+
 

de la edificación
 

asesoramiento técnico
 

calendario de actividades
 

blog del programa
 

blog del programa
 

licitaciones construcción
 
Blog de Planeamento Informacion urbanistica de Galicia planeamiento de Galicia
 

visado digital
 

proyecto educativo
 

blog biblioteca COAG
 

blog agam
 

bases de precios
 
  © COAG 2010 - contactar - Aviso legal