Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

Calendario de actividades
Axenda de Goberno Colexial
Ley de Servicios Profesionales
proxectoterra
UAAAP
laboratorio de ideas
Arquitectos Galicia TV
Xestión patrimonial
en tránsito
información del programa
información del programa
diccionario visual de la construcción
Consejo Superior de Colegios de Arquitectos de España
Ofertas ao colectivo

Colexio | Histórico | CSCAE

Noticias

  • Xunta Xeral ordinaria do mes de maio  30/04/2013

    A Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, en sesión 11/2013 de 26 de abril celebrada en Santiago de Compostela, adoptou o acordo de convocar Xunta Xeral ordinaria, a celebrar no Salón de Actos da Sede colexial de Santiago de Compostela, o día 30 de maio ás 16,30 e 17,00  horas, en primeira e segunda convocatoria, respectivamente. Máis información premendo no epígrafe.

  • Modificación do Decreto 35/2000 do Regulamento de accesibilidade en Galicia  22/05/2013

    Co obxeto de adaptar o Decreto 35/2000 do Regulamento da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras en Galicia á Directiva europea 95/16/CE aproximándolo así ás lexislacións dos Estados membros relativas a ascensores, a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia publica o Decreto 74/2013. Máis información no título.

  • Actualización de CALENER VYP Y GT para edificios existentes  21/05/2013

    Co obxecto de adaptarse ao disposto no RD 235/2013, principalmente no relativo á certificación de edificios existentes, actualizáronse os programas informáticos de referencia (Calener-GT e Calener-VYP) para a cualificación de eficiencia enerxética de edificios a través do procedemento xeral. Encóntranse dispoñibles no portal oficial do Rexistro de Documentos Recoñecidos do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo. Mais información pulsando no título.

  • Aviso de peche da Delegación de Ferrol o día 24 de maio  21/05/2013

    Infórmase que, por necesidades do Colexio, a Delegación de Ferrol do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia permanecerá pechada o vindeiro venres 24 de maio de 2013. Pregamos disculpen as molestias.

  • Proclamación do cargo de Secretario da Delegación de Lugo  21/05/2013

    A Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia adoptou o acordo de proclamar directamente electo, sen necesidade de elección por presentarse unha única candidatura, ao colexiado D. Luis Díaz Díaz. A toma de posesión terá lugar na Xunta Xeral ordinaria convocada para o vindeiro 30 de maio de 2013. Máis información premendo no epígrafe.

  • Comunicado da Xunta de Goberno sobre a descatalogación dunha vivenda en Vilagarcía de Arousa  21/05/2013

    A Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Arquitectos Galicia acordou remitir ao Sr. Alcalde do Concello de Vilagarcía de Arousa un escrito expresando a súa preocupación pola proposta de descatalogación da vivenda denominada "Becerra" de Vilagarcía de Arousa, obra do arquitecto D. Juan Argenti Navajas, representativa do primeiro Movemento Moderno de Galicia, que data de 1939. Para acceder ao comunicado, prema no epígrafe.

  • Axudas para protección do medio ambiente para pemes galegas  14/05/2013

    A Consellería de Medioambiente, Territorio e Infraestruturas publicou en abril as bases reguladoras para as axudas a pemes para actuacións de prevención, protección, mellora e coñecemento ambiental facendo pública a súa convocatoria para o ano 2013

  • Nova edición do curso On-line de Xestión de Proxectos orientado á certificación PMI: PMP® e CAPM®. Inicio 27 de maio  08/05/2013

    Este curso, organizado por In-Nova Programa de Innovación Internacional, atópase dentro do Plan Avanza, polo que os alumnos que cumpran cós requisitos establecidos no mesmo obterán unha bonificación no prezo da matrícula. O contido do programa do curso permitirá ao alumno coñecer as habilidades, procesos, técnicas e ferramentas necesarias para a correcta Dirección de Proxectos á vez que se lle prepara para pasar con éxito a certificación PMP® e CAPM®. Accede a toda a información e inscricións premendo no título da nova.

  • Aprobación do acordo da Xunta Xeral extraordinaria de 6 de maio de 2013  07/05/2013

    A Xunta Xeral do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, en sesión extraordinaria celebrada o día 6 de maio no Centro Galego de Arte Contemporánea en Santiago de Compostela, adoptou o acordo de aprobar o punto único da orde do día da convocatoria, realizada mediante circular 18 2013,  Máis información premendo no epígrafe.

  • III Curso de rehabilitación e revitalización urbana en Galicia. Santiago, xuño 2013  07/05/2013

    Este curso da EGAP sobor da conservación dos cascos históricos ás áreas de rehabilitación integral nos barrios publicouse no DOGA do 03 de maio de 2013. Ten unha duración de 50 horas e dará comezo o próximo 03/06. O 25% das prazas, 10 en total, disporanse para profesionais en posesión de determinados títulos entre os que se atopa o de Arquitecto. Máis información premendo no título da nova.

  • Novidades do RD 238/2013 que modifica o RITE  02/05/2013

    Publicouse na páxina de Normativa Técnica da web colexial un informe coas principais modificacións sobre o RD 1027/2007 de Regulamento de Instalacións Térmicas nos Edificios (RITE) así como a comparativa entre a nova norma e a que modifica.

  • Publicación de resumo de acordos  30/04/2013

    Conforme ao indicado na Circular 19_2013 de Secretaría, infórmase de que, por indicación expresa da nova Xunta de Goberno, habilitouse un apartado na web colexial, onde os colexiados poderán consultar a información relativa á orde do día e ao resumo de acordos adoptados nas correspondentes reunións de Xunta de Goberno ou de Comisión Executiva. Para acceder a dito apartado, prema no título.

  • Nova consulta de Normativa Técnica na Axenda colexial  29/04/2013

    Acábase de incorporar á Axenda do Colexio, a consulta de Normativa Técnica a través da data de entrada en vigor. Con esta nova utilidade a Axenda actualízase automaticamente co contido da base de datos de normativa que se pode consultar no portal corporativo colexial. 
    Á súa vez, desde a propia axenda pódese acceder á páxina web da norma para consultar o texto oficialmente publicado e as normas e utilidades relacionadas.

  • Lei de colexios e servizos profesionais  26/04/2013

    O Consello de Ministros aprobou, o venres 26 de abril, un novo plan nacional de reformas entre as que se atopa a elaboración do anteproxecto de una unha nova lei de colexios e servizos profesionais que ten como obxectivo a simplificación e a apertura de actividades no noso país. Iníciase así un proceso lexislativo no que esta previsto o dialogo cos diferente colectivos implicados.

  • Eleccións ao cargo de Secretario da Delegación de Lugo. Censo electoral  26/04/2013

    Xa se pode consultar o listado provisional de electores que poderán exercer o dereito ao sufraxio nas eleccións ao cargo de Secretario da Delegación de Lugo que terán lugar o vindeiro 19 de xuño. Poderanse formular reclamacións sobre inclusións e exclusións no listado ata as 14:00 horas do 8 de maio.

  • Novidades do RD 235/2013 de certificación de edificiencia enerxética  25/04/2013

    Publicouse, na páxina de Normativa Técnica da web colexial, un informe coas principais novidades do novo Procedemento básico para a certificación de eficicencia enerxética dos edificios, así como a comparativa entre a nova norma e a que derroga.
     

  • Aberta convocatoria de subvencións para enerxías renovables Galicia 2013  19/04/2013

    Publicada polo INEGA a resolución que regula as axudas destinadas a financiar as instalacións con enerxías renovables en Galicia para o ano 2013. O prazo de solicitude vai dende o 22 de abril ata o 7 de outubro de 2013

  • Premio Juana de Vega de Arquitectura  16/04/2013

    A Fundación Juana de Vega, a través da Escola Galega da Paisaxe, convoca un premio anual de arquitectura onde se premiará a mellor vivenda unifamiliar, tanto de nova planta como de rehabilitación, rematada o ano natural anterior en Galicia. Nesta décima convocatoria poderán concursar as vivendas unifamiliares rematadas en Galicia no 2012. A data límite de presentación dos proxectos realizados é o 31 de maio. Máis información premendo no título.

  • Oferta AENOR: acceso normas UNE  08/04/2013

    O CSCAE asinou un convenio con AENOR polo que todos os colexiados poderán beneficiarse do acceso on-line ás normas UNE referenciadas no CTE ou RBTE, entre outras normativas de obrigado cumprimento, por 37 € ao ano. Para máis información sobre as características da oferta, que finaliza o 30 de xuño, pica no título.

  • Nova Guía de redacción de Documentos Técnicos-Anexos ao Proxecto  04/04/2013

    Publícase a "Guía de redacción" de aplicación á documentación técnica independente que se incorpora ao proxecto como anexos ao mesmo: Estudo xeotécnico, Certificado de eficiencia enerxética de proxecto, Estudo de impacto ambiental, Plan de control de calidade, Estudo de seguridade e saude, Instruccións de uso e manteñemento, Estudo de xestión de residuos.

RSS

Twitter Facebook

© Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia | Contactar | Aviso legal