| Área | Normativa Estructuras |
| Tipo de curso | Normativa |
| Delegación | Ourense |
| Fecha | el jueves 27 de noviembre de 2008 |
O pasado 22 de agosto publicouse no BOE o REAL DECRETO 1247/2008, de 18 de xullo, polo que se aproba a nova instrución de formigón estrutural (EHE-08).
A súa entrada en vigor producirase o próximo 1 de decembro, aínda que, segundo a súa disposición transitoria, “non será de aplicación aos proxectos cuxa orde de redacción ou de estudo, no ámbito das Administracións públicas, ou encargo, noutros casos, efectuásese con anterioridade á súa entrada en vigor, nin ás obras deles derivadas, sempre que estas se inicien nun prazo non superior a un ano para as obras de edificación, nin a tres anos para as de enxeñería civil, desde dita entrada en vigor”.
Para facilitar o seu coñecemento, D. Juan Pérez Valcárcel ofreceranos nas próximas semanas unha rolda de cursos breves nos que nos mostrará as principais novidades que contén.
Algunhas destas novidades son:
- A redución dalgunhas das esixencias técnicas que deben cumprir as estruturas, o que pode dar lugar a que, unha vez construídas, as calculadas de acordo coa nova norma expoñan máis problemas que as calculadas coa anterior.
- A ampliación do ámbito de aplicación da norma, que incorpora no seu articulado aos formigóns de alta resistencia, e nos seus anexos aos formigóns de fibras, aos reciclados, aos lixeiros, aos autocompactantes, e aos de uso non estrutural.
- O desenvolvemento das garantías de durabilidade das estruturas.
- O establecemento de diversas obrigas no reciclado e reutilización de residuos, co fin de reducir o impacto medioambiental das estruturas.
Juan B. Pérez Valcárcel
Dr. Arquitecto. Catedrático de la Universidad de A Coruña.
Según el destinatario de la factura:
| Ordinaria | 60,00 € | |
| Colegiado | 30,00 € | |
| Estudiante ETSA | 30,00 € |
© Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia | Contactar | Aviso legal