Colexio de Arquitectos

formación

Norma de Hormigón estructural 2008

Área Normativa Estructuras
Tipo de curso Normativa
DelegaciónFerrol
Fecha el miércoles 12 de noviembre de 2008

Objetivos

O pasado 22 de agosto publicouse no BOE o REAL DECRETO 1247/2008, de 18 de xullo, polo que se aproba a nova instrución de formigón estrutural (EHE-08).

A súa entrada en vigor producirase o próximo 1 de decembro, aínda que, segundo a súa disposición transitoria, “non será de aplicación aos proxectos cuxa orde de redacción ou de estudo, no ámbito das Administracións públicas, ou encargo, noutros casos, efectuásese con anterioridade á súa entrada en vigor, nin ás obras deles derivadas, sempre que estas se inicien nun prazo non superior a un ano para as obras de edificación, nin a tres anos para as de enxeñería civil, desde dita entrada en vigor”.

Para facilitar o seu coñecemento, D. Juan Pérez Valcárcel ofreceranos nas próximas semanas unha rolda de cursos breves nos que nos mostrará as principais novidades que contén.

Algunhas destas novidades son:

- A redución dalgunhas das esixencias técnicas que deben cumprir as estruturas, o que pode dar lugar a que, unha vez construídas, as calculadas de acordo coa nova norma expoñan máis problemas que as calculadas coa anterior.

- A ampliación do ámbito de aplicación da norma, que incorpora no seu articulado aos formigóns de alta resistencia, e nos seus anexos aos formigóns de fibras, aos reciclados, aos lixeiros, aos autocompactantes, e aos de uso non estrutural.

- O desenvolvemento das garantías de durabilidade das estruturas.

- O establecemento de diversas obrigas no reciclado e reutilización de residuos, co fin de reducir o impacto medioambiental das estruturas.

Programa

Equipo docente

Juan B. Pérez Valcárcel

Dr. Arquitecto. Catedrático de la Universidad de A Coruña.

Matrícula

Según el destinatario de la factura:

Ordinaria   60,00 €
Colegiado 30,00 €
Estudiante ETSA 30,00 €

© Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia | Contactar | Aviso legal