| Área | Calener. Certificación energética. |
| Tipo de curso | Normativa |
| Delegación | Santiago |
| Fecha | del jueves 9 al sábado 11 de octubre de 2008 |
No ámbito do convenio subscrito entre o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, o Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia e os Colexios Oficiais de Enxeñeiros Técnicos Industriais da Coruña, Lugo, Ourense e Vigo, para a realización de accións en materia de Certificación Enerxética de Edificios, no marco do Plan de Acción da Estratexia de Aforro e Eficiencia Enerxética en España 2005-2007, o COAG organiza un ciclo de cursos sobre a Certificación Enerxética dos Edificios, centrados nos programas e métodos contemplados no Real Decreto 47/2007 polo que se aproba o procedemento básico para a certificación de eficiencia enerxética de edificios de nova construción.
O ciclo comprende nove cursos sobre o programa CALENER VyP para a certificación enerxética de pequenos edificios do sector terciario e de edificios de vivendas, e un curso posterior sobre o programa CALENER GT, para a certificación de grandes edificios do sector terciario.
O obxectivo do curso CALENER GT, formulado como unha introdución ao programa, é dotar aos arquitectos dos coñecementos necesarios para o seu manexo, de xeito que poidan cualificar grandes edificios de uso terciario, e mostrarlles os recursos dispoñibles para mellorar o rendemento das súas instalacións e conseguir unha mellora da certificación obtida.O curso está orientado aos arquitectos que proxecten e calculen as instalacións dos seus edificios, ou aos que desexen realizar a súa Certificación Enerxética.
PROFESORES
O curso será impartido polos seguintes profesores:
Rafael Fernández Vale, arquitecto.
Juan Ferreiro Oliva, arquitecto.
Santiago Pintos Pena, arquitecto.
Iria Ramos Méndez, arquitecta.
PLAZAS DISPONIBLES
Dado ou carácter práctico deste curso, o número de alumnos está limitado a 20.
As prazas dispoñibles asignaranse por orde de matrícula, sen que en ningún caso se admitan reservas.
MATRÍCULA
A asistencia a estes cursos está reservada aos membros do C.O.A.G.
Se dous días antes do seu comezo quedaran prazas libres, a matrícula abrirase a calquera persoa interesada.
A matrícula formalízase no momento en que se recibe no C.O.A.G. o boletín de inscrición e o xustificante de realizar o pagamento.
MATERIAL NECESARIO
Para realizar o curso requírense coñecementos básicos do programa LIDER.
As características mínimas dos ordenadores a utilizar deben ser as seguintes:
Procesador: 1.6 GHz
Memoria RAM: 512 MB (recomendado 1024 MB)
Memoria de vídeo: 128 MB (recomendado 256 MB)
Resolución mínima da pantalla: 1024x768
Cor: Cor verdadeiro
Espazo libre no disco Duro: 100 MB
Sistema Operativo: Windows 2000/XP
Lector de CD-ROM.
Rato externo.
O programa CALENER pode funcionar incorrectamente nos ordenadores con Windows Vista, se antes de utilizalos non se fai neles as seguintes operacións:
- Instalar o programa CALENER directamente na unidade "C:" e non en "C:/ Arquivos de Programa".
- Unha vez instalado, buscar nas carpetas do programas tódolos arquivos con extensión .exe, pinchar sobre eles e marcar no menú desplegable emerxente "Executar como Administrador".
DÍA 9 MAÑÁ
Fundamentos da Certificaicón Enerxética.
DÍA 9 TARDE
Os sistemas enerxéticos aplicados a CALENER GT.
DÍA 10 MAÑÁ
Exemplos prácticos sinxelos de introdución ao programa.
DÍA 10 TARDE
Exemplos prácticos de introdución de distintas instalacións.
Comparación entre distintas solucións para conseguir unha mellora dacertificación enerxética.
DÍA 11 MAÑÁ
Exercicio práctico completo tutelado.
DÍA 11 TARDE
Exercicio práctico completo tutelado.
Rafael Fernández Vale
Arquitecto. Especialista en Instalaciones de Edificios e Instalaciones Urbanas. Formador oficial del INEGA en Eficiencia Energética de los Edificios.
Juan Manuel Ferreiro Oliva
Arquitecto. Especialista en Instalaciones de Edificios e Instalaciones Urbanas. Formador oficial del INEGA en Eficiencia Energética de los Edificios.
Santiago Pintos Pena
Arquitecto formador de formadores en certificación energética INEGA-IDAE
Iria Ramos Méndez
Arquitecto formador de formadores en certificación energética INEGA-IDAE
Susana Rodríguez Carballido
Arquitecta COAG.
Precio: 30,00 €
© Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia | Contactar | Aviso legal