| Área | Postgrado |
| Tipo de curso | Postgrado |
| Delegación | Sede |
| Fecha | del viernes 28 de noviembre de 2008 al sábado 30 de mayo de 2009 |
Dende a última edición do Curso de Posgrao en Instalacións dos Edificios e Instalacións Urbanas, concluída no verán do ano 2003, asistimos a un troco radical en moitos aspectos das instalacións dos edificios de nova planta.
En primeiro lugar, apareceu unha gran cantidade de normativa dedicada especificamente a elas, como o Regulamento de Instalacións Térmicas en Edificios e a nova Normativa de gases combustibles, e outra moita, como o Código Técnico da Edificación, o Real Decreto de Certificación da Eficiencia Enerxética dos Edificios, ou as Normas do Hábitat Galego, ten importantes repercusións en varios dos seus sistemas.
Paralelamente, acelerouse o desenvolvemento de novos materiais e produtos, e hoxe en día, ofrécennos multitude de recursos que non debemos deixar de coñecer.
Por outra parte, a crise da enerxía e a crecente preocupación polos problemas medioambientais obrígannos a aplicar nos nosos deseños criterios de sostenibilidade, impensables ata fai moi poucos anos.
Así, nos nosos edificios apareceron novos sistemas de instalacións, como os da enerxía solar ou os de recuperación de augas grises, e o protagonismo adquirido polo conxunto das instalacións condiciona significativamente algúns dos aspectos do seu deseño arquitectónico.
Por todas estas razóns, parece oportuno retomar o estudo das instalacións, e para iso, a partir do próximo mes de novembro ofreceremos unha nova edición do Curso de Especialización en Instalacións dos Edificios.
Dada a súa extensión de 180 horas e o seu carácter práctico, o Curso permitirá que quen o siga actualice axeitadamente os seus coñecementos na materia, que mellore o rendemento dos seus proxectos e as súas direccións de obra, ou que, incluso, poida iniciarse nunha especialización profesional que, nestes momentos, pode ser especialmente interesante.
Ao longo do curso trataranse de maneira global e interrelacionada todos os sistemas de instalacións dos edificios comúns, como os de subministración, evacuación e recuperación de augas, os antiincendios, os de ventilación e climatización, os de calefacción, os de electricidade, os de iluminación, os de telecomunicacións e os de transporte, ademáis de estudarse as posibles fontes de enerxía a utilizar e a eficiencia enerxética do conxunto.
No relativo ao profesorado, contaremos coa dirección de D.ª María Jesús Dios Viéitez, Profesora Titular da Universidade da Coruña, e con outros profesores da Escola de Arquitectura de A Coruña, pero tamén con catedráticos de varias universidades españolas, con técnicos de acreditada experiencia nas materias tratadas, con persoal da Administración e coa colaboración dalgunhas das principais empresas do mundo das instalacións.
CALENDARIO
O curso celebrarase en Santiago de Compostela, en sesións de venres en xornada completa e sábados pola mañá, os seguintes días:
28 e 29 de novembro de 2008.
12 e 13 de decembro de 2008.
16, 17, 23 e 24 de xaneiro de 2009.
6, 7, 13 e 14 de febreiro de 2009.
6, 7, 13, 14, 27 e 28 de marzo de 2009.
3, 4, 17, 18, 24 e 25 de abril de 2009.
8, 9, 15,16, 29 e 30 de maio de 2009.
TITULACIÓN
O curso de Postgrao de Instalacións dos Edificios é un Título Propio da Universidade da Coruña.
Para a obtención do Diploma de Especialista en Instalacións dos Edificios emitido pola Universidade será necesario:
- Ser titulado universitario (arquitecto, arquitecto técnico, enxeñeiro ou enxeñeiro técnico)
- Asistir como mínimo ao 80 % das horas lectivas.
- Entregar os traballos prácticos propostos no Curso e que estes sexan avaliados positivamente.
HORARIO
Venres: de 9.30 a 14.00 e de 16.00 a 20.30
Sábados: de 9.30 a 14.00
DURACIÓN
O curso ten unha duración de 180 horas lectivas, cun total de 25 créditos ECTS.
O curso ten unha duración de 180 horas lectivas, máis outras 70 para a realización dun traballo práctico tutorizado.
NÚMERO DE PRAZAS
Máximo: 50 alumnos
Mínimo: 40 alumnos
MATRÍCULA
Matrícula ordinaria: 2.455 €
Colexiados C.O.A.G.: 1.842 € (bolsa 25%)
Novos colexiados: 1.228 € (bolsa 50%)
O período de matrícula esténdese ata que se esgoten as 50 prazas dispoñibles ou ata o comezo do curso, mais as matrículas recibidas ata o venres 14 de novembro de 2008 terán un desconto do 10%:
Matrícula ordinaria: 2.210 €
Colexiados C.O.A.G.: 1.657 € (bolsa 25%)
Novos colexiados: 1.105 € (bolsa 50%)
Os membros do COAG son novos colexiados se no momento de comezo do curso han transcorrido menos de dous anos desde que se inscribiron por primeira vez nun Colexio de Arquitectos.
A matrícula non será efectiva en tanto non se xustifique o pagamento, que pódese realizar por medio de:
• Talón bancario a favor do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
• Transferencia bancaria á conta: 3183 1500 96 0000001056 da Caja de Arquitectos
No caso de non asistencia só devolverase o importe da matrícula se comunícase mediante fax 72 horas antes do inicio do Curso.
DOCUMENTACIÓN DE MATRICULA
-Boletín de inscripción
-Xustificante de pago
-Fotografía recente
-Fotocopia do D.N.I en vigor.
-Fotocopia do titulo ou no caso de non estar emitido, o certificado sustitutorio da universidade.
No caso de alumnos titulados en universidades non españolas consultar coa CAT a documentación restante.
Toda a documentación enviaráse por correo electrónico a formación@coag.es
BOLSAS
Ademais de ofrecer un desconto do 25% no prezo da matrícula a todos os membros do COAG que desexen realizar este Curso de Instalacións de Edificios, concederanse medias bolsas de 1.228 € (50 % do prezo da matrícula ordinaria sen descontos) aos seguintes alumnos:
- A todos e cada un dos alumnos membros do COAG dados de alta por primeira vez nun Colexio de Arquitectos menos de dous anos antes da data de comezo do Curso (28 de novembro de 2008).
A concesión destas medias bolsas é incompatible con calquera outra axuda concedida con este mesmo fin polo COAG ou por calquera outra entidade pública ou privada.
- Ao 15% dos non membros do COAG, calculado sobre a proporción deste tipo de alumnos no número mínimo de alumnos do Curso (40 alumnos).
O número exacto deste tipo de bolsas anunciarase no prazo de 10 días despois do comezo do Curso.
O procedemento para solicitar unha destas medias bolsas e os criterios que se aplicarán para concedelas indícanse no arquivo adxunto.
A concesión destas medias bolsas é incompatible coa aplicación doutros descontos de matrícula e con calquera outra axuda concedida con este mesmo fin por calquera entidade pública ou privada.
ORGANIZACIÓN
Comisión de Asesoramento Tecnolóxico do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
Departamento de Construcións Arquitectónicas da Universidade de A Coruña.
Juan José Aguas Alcalde
Pedro Antas Pérez
Guillermo Basáñez Unanue
Guillermina Cavero Campo
Cristóbal Crespo González
Arquitecto. Profesor del Departamento de Proyectos de la Universidad de A Coruña.
María Jesús Dios Viéitez
Dra. Arquitecta. Profesora Titular. Universidade de A Coruña.
Jesús Feijó Muñoz
Dr. Arquitecto, Catedrático de Construcciones Arquitectónicas en la Escuela Técnica Superior de Arquitectura de Valladolid.
Eugenio Fernández Piñeiro
Ingeniero Técnico Industrial. Consellería de Industria. Delegación de Pontevedra.
David Fernández Vergara
José Ramón Garitaonaindía de Vera
Dr. Arquitecto. Profesor Titular de la Universidad de A Coruña.
J. M. López Suárez
Antonio Martínez Martínez
Ignacio Matías Maestro
Ignacio Javier Palma Carazo
Doctor Arquitecto.
Andrés Pedreira Ferreño
Ingeniero Técnico Industrial TUBASYS S.L.
A. Quicler Costas
Alberto Vigil-Escalera del Pozo
| Según el destinatario de la factura | |||||
| Ordinaria | Colegiado | Nuevo colegiado | Estudiante ETSA | ||
| Por fecha de pago | Ordinaria | 2455 € | 1841 € | 1228 € | 1228 € |
| Pago antes del 15/11/2008 | 2210 € | 1657 € | 1105 € | 1105 € | |
© Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia | Contactar | Aviso legal