Colexio de Arquitectos

formación

Calener VYP

Área Calener. Certificación energética.
Tipo de curso Normativa
DelegaciónVigo
Fecha del jueves 26 al sábado 28 de junio de 2008

Objetivos

No ámbito do convenio subscrito entre o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, o Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia e os Colexios Oficiais de Enxeñeiros Técnicos Industriais da Coruña, Lugo, Ourense e Vigo, para a realización de accións en materia de Certificación Enerxética de Edificios, no marco do Plan de Acción da Estratexia de Aforro e Eficiencia Enerxética en España 2005-2007, o COAG organiza un ciclo de cursos sobre a Certificación Enerxética dos Edificios, centrados nos programas e métodos contemplados no Real Decreto 47/2007 polo que se aproba o procedemento básico para a certificación de eficiencia enerxética de edificios de nova construción.

O ciclo comprende nove cursos sobre o programa CALENER VyP para a certificación enerxética de pequenos edificios do sector terciario e de edificios de vivendas, e un curso posterior sobre o programa CALENER GT, para a certificación de grandes edificios do sector terciario.

Nos cursos do CALENER VyP, ademais do manexo do programa, abordarase o manexo do programa LIDER e a aplicación dos métodos simplificados para a xustificación do cumprimento do DB HEI-1 e de cualificación enerxética.

Estes cursos CALENER VyP serán de 25 horas de duración, e terán un carácter eminentemente práctico.

O curso sobre o programa CALENER GT, pola súa banda, terá lugar en Santiago de Compostela no mes de outubro. Do seu calendario exacto e do seu programa informarémosvos proximamente.

PROFESORES

Os cursos serán impartidos polos seguintes profesores:
    Rafael Fernández Vale, arquitecto.
    Juan Ferreiro Oliva, arquitecto.
    Santiago Pintos Pena, arquitecto.
    Iria Ramos Méndez, arquitecta.
    Susana Rodríguez Carballido, arquitecta.

  VIGO:
    Rafael Fernández Vale, arquitecto.
    Juan Ferreiro Oliva, arquitecto.
  LUGO:
    Santiago Pintos Pena, arquitecto.
    Iria Ramos Méndez, arquitecta.
  SANTIAGO:
    Rafael Fernández Vale, arquitecto.
    Juan Ferreiro Oliva, arquitecto. 
  PONTEVEDRA:
    Santiago Pintos Pena, arquitecto.
    Iria Ramos Méndez, arquitecta.
  A CORUÑA:
    Rafael Fernández Vale, arquitecto.
    Iria Ramos Méndez, arquitecta.

PLAZAS DISPONIBLES

Dado ou carácter práctico destes cursos, o número de alumnos de cada un está limitado a 20.
As prazas dispoñibles asignaranse por orde de matrícula, sen que en ningún caso se admitan reservas.

MATRÍCULA

A asistencia a estes cursos está reservada aos membros do C.O.A.G.
Se dous días antes do comezo dun curso quedaran prazas libres, a matrícula abrirase a calquera persoa interesada.
A matrícula formalízase no momento en que se recibe no C.O.A.G. o boletín de inscrición e o xustificante de realizar o pagamento.

MATERIAL NECESARIO

O curso deberá ser seguido polos alumnos por medio dun ordenador portátil, que debe ser achegado por eles mesmos, e no que debe estar cargado o programa AUTOCAD.

O resto dos programas necesarios para seguir o curso ofrecerase aos alumnos nun CD, pero, para maior seguridade, convén cargar nos ordenadores os programas LIDER e CALENER.

Da páxina do Ministerio da Vivenda (http://www.codigotecnico.org/index.php?id=33) é necesario baixar:
- A última versión do Programa LIDER.
- O arquivo de revisión.
- O manual de usuario.

Da páxina do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio (http://www.mityc.es/Desarrollo/Seccion/EficienciaEnergetica/CertificacionEnergetica/Reconocidos/) débese baixar:
- A última versión do programa CALENER VyP
- O documento no que se indican as novidades da última versión do programa.
- O manual de usuario.
- O documento no que se describen os factores de corrección e os valores por defecto utilizados polo programa para a simulación dos equipos de climatización.

As características mínimas dos ordenadores a utilizar deben ser as seguintes:
     Procesador:    1.6 GHz
     Memoria RAM:    512 MB (recomendado 1024 MB)
     Memoria de vídeo:   128 MB (recomendado 256 MB)
     Resolución mínima da pantalla:  1024x768
     Cor:     Cor verdadeiro
     Espazo libre no disco Duro:  100 MB
     Sistema Operativo:  Windows 2000/XP
     Lector de CD-ROM.
     Rato externo.
     Programa Autocad 2006 ou superior.

Os programas LIDER e CALENER poden funcionar incorrectamente nos ordenadores con Windows Vista, se antes de utilizalos non se fai neles as seguintes operacións:

- Instalar os programas LIDER e CALENER VYP directamente na unidade C: e non en C:/ Arquivos de Programa.
- Unha vez instalados, buscar nas carpetas de ámbolos dous programas tódolos arquivos con extensión .exe, pinchar sobre eles e marcar no menú desplegable emerxente "Executar como Administrador".

Programa

CURSO CALENER VyP

Xoves mañá:
   Teoría de introducción á limitación da demanda enerxética e ó programa LIDER

Xoves tarde:
   Introdución ao programa LIDER. 
   Ferramentas de aplicación e exemplos prácticos sinxelos do programa LIDER

Venres mañá:
   Exemplo complexo de aplicación do programa LIDER 
   Teoria de introducción á certificación enerxética e ó programa CALENER VYP

Venres tarde:
   Ferramentas de aplicación e exemplos prácticos sinxelos do programa CALENER VYP

Sábado mañá:
   Exercicio práctico complexo de aplicación do programa CALENER VYP

Matrícula

Precio: 30,00 €

© Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia | Contactar | Aviso legal