Colexio de Arquitectos

formación

El análisis de la viabilidad económica de un proyecto inmobiliario

Área Gestión inmobiliaria
Tipo de curso Plan de Formación Continua
DelegaciónVigo
Fecha el miércoles 8 de noviembre de 2006

Patrocinado por

Escuela de negocios Caixanova

Objetivos

Para permitirlle responder con eficacia á crecente presenza dos temas financeiros e empresariais no seu exercicio profesional, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a Escola de Negocios Caixanova ofrecen aos arquitectos tres cursos intensivos que lles ilustrarán sobre algúns dos aspectos máis transcendentais da súa relación con promotores inmobiliarios e constructores, e que reforzarán a súa faceta de xestores, coñecedores do mercado inmobiliario e asesores da promoción.

O obxectivo do curso sobre A análise da viabilidade económica dun proxecto inmobiliario é aprender a determinar a viabilidade e rendibilidade dunha promoción inmobiliaria, baseándose no coñecemento das súas fases temporais e as correntes de custos e ingresos xerados polo proxecto.

Programa

Factores crave de éxito dun proxecto inmobiliario.
Planificación temporal do investimento.
Análise dos riscos dun proxecto promotor.
Viabilidade dunha promoción.
        Viabilidade técnica.
        Viabilidade comercial.
        Viabilidade económico-financeira.
Custos dunha promoción.
Etapas no proceso de decisión dun proxecto promotor.
Inputs para a análise.
        Obtención dos fluxos de caixa do proxecto.
        Custo do financiamento.
Modelos de selección de investimentos.
        Modelos dinámicos (VAN e TIR).
        Modelos estáticos (Payback e conta de resultados).

Equipo docente

Teresa Mariño Garrido

Matrícula

Precio: 240,00 €

© Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia | Contactar | Aviso legal