| Área | Gestión inmobiliaria |
| Tipo de curso | Plan de Formación Continua |
| Delegación | Vigo |
| Fecha | el jueves 26 de octubre de 2006 |
Para permitirlle responder con eficacia á crecente presenza dos temas financeiros e empresariais no seu exercicio profesional, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a Escola de Negocios Caixanova ofrecen aos arquitectos tres cursos intensivos que lles ilustrarán sobre algúns dos aspectos máis transcendentais da súa relación con promotores inmobiliarios e constructores, e que reforzarán a súa faceta de xestores, coñecedores do mercado inmobiliario e asesores da promoción.
O obxectivo do curso sobre A venda e a negociación dos servicios do arquitecto no desenvolvemento de proxectos inmobiliarios es dotar ao arquitecto de ferramentas que lle permitan mellorar as súas tácticas de venda e negociación con constructores e promotores inmobiliarios, co fin de mellorar a percepción do valor dos servicios que lles presta e aumentar así os seus honorarios.
1 ¿Que compra un promotor inmobiliario?
Análise do paquete de valor: atributos e restriccións críticas.
O proceso de decisión.
A experiencia de compra dos servicios de arquitectura do
promotor inmobiliario: factores crave.
2 ¿Como vender servicios de arquitectura a un promotor inmobiliario?
Que facer e que non facer.
3 ¿Como negociar honorarios cun promotor inmobiliario?
Os factores de apalancamento.
As tácticas de negociación: vantaxes e inconvenientes.
4 ¿Que compra un constructor?
Análise do paquete de valor: atributos e restriccións críticas.
O proceso de decisión.
A experiencia de compra dos servicios de arquitectura do
promotor inmobiliario: factores crave.
5 ¿Como vender servicios de arquitectura a un constructor?
Que facer e que non facer.
6 ¿Como negociar honorarios cun constructor?
Os factores de apalancamento.
As tácticas de negociación: vantaxes e inconvenientes.
José Manuel Gigirey Fernández
Precio: 240,00 €
© Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia | Contactar | Aviso legal