| Área | Plan de formación del Código Técnico de la Edificación |
| Tipo de curso | Normativa |
| Delegación | Santiago |
| Fecha | el jueves 22 de junio de 2006 |
A aprobación do Código Técnico da Edificación, o 17 de marzo deste ano, supón quizá o cambio máis importante que sufriu a práctica profesional desde a creación dos Colexios de Arquitectos.
A transcendencia do cambio radica tanto na magnitude do mesmo como no enfoque adoptado: un código por obxectivos ou prestacións que supera as antigas normativas prescriptivas.
A entrada en vigor do Código produciuse o día 29 de marzo, ao día seguinte da súa publicación no BOE, pero se establece un prazo dun ano durante o cal o cumprimento das requisitos básicos establecidos por el considérase satisfeito coa aplicación da normativa básica actual, con excepción dos requisitos relativos a aforro de enerxía, seguridade de utilización e seguridade en caso de incendio, para os que o prazo será de seis meses.
Polo tanto, os Documentos Básicos de Aforro de Enerxía, Seguridade de Utilización e Seguridade en caso de Incendio serán obrigatorios a partir do 29 de setembro de 2006, e o resto dos Documentos Básicos, a partir do 29 de marzo de 2007.
Para facilitar a adaptación a este novo marco normativo, o Colexio ha deseñado un plan de formación específico do Código Técnico, no que se dará a coñecer o seu contido a tres niveis de profundidade. O primeiro nivel, que é o que nos ocupa, consiste nun Curso de Introducción, no que tómase contacto co Código e expóñense os seus aspectos máis importantes: a súa filosofía como código prestacional, a súa estructura, a súa entrada en vigor e o seu impacto na profesión. Nun segundo nivel de profundidade, o plan ofrecerá un Curso Básico no que se estudiará máis minuciosamente o contido do Código, incidindo naqueles aspectos que demandan unha actualización inmediata, por afectar a cuestións presentes en case a totalidade dos proxectos. O terceiro nivel estará formado por unha serie de Cursos de Especialización sobre cada Documento Básico, cos que ofrecerase un coñecemento do Código a un nivel máis profundo.
O CTE e a Lei de Ordenación da Edificación.
PONENTE: Joaquín Fernández Madrid.
Dr. Arquitecto. Catedrático da Universidade de A Coruña.
Filosofía do CTE: Código por prestacións.
Entrada en vigor e derrogación de Normas Básicas.
Documentos pendentes de aprobación.
Documentos recoñecidos en elaboración.
Estructura:
Parte I: Disposicións Xerais, Condicións Técnicas e Administrativas, Esixencias básicas, Anexos de documentación e terminoloxía.
Parte II: Documentos Básicos. Requisitos de Seguridade e Habitabilidade.
Requisito de Seguridade en caso de Incendio
PONENTES: Joaquín Fernández Madrid.
Dr. Arquitecto. Catedrático da Universidade de A Coruña.
Eugenio Fernández Piñeiro.
Enxeñeiro Técnico Industrial. Consellería de Industria. Delegación de Pontevedra.
DB SE 1: Propagación interior.
DB SE 2: Propagación exterior.
DB SE 3: Evacuación de ocupantes.
DB SE 4: Detección, control e extinción do incendio.
DB SE 5: Intervención dos bombeiros.
DB SE 6: Resistencia ao lume da estructura.
Outras normas: RSIEI e RIPCI.
Requisito de Seguridade de Utilización
PONENTE: Joaquín Fernández Madrid.
Dr. Arquitecto. Catedrático da Universidade de A Coruña.
DB SU 1: Seguridade fronte ao risco de caídas.
DB SU 2: Seguridade fronte ao risco de impacto ou atrapamento.
DB SU 3: Seguridade fronte ao risco de aprisionamento.
DB SU 4: Seguridade fronte ao risco causado por iluminación inadecuada.
DB SU 5: Seguridade fronte ao risco causado por situacións de alta ocupación.
DB SU 6: Seguridade fronte ao risco de afogamento.
DB SU 7: Seguridade fronte ao risco causado por vehículos en movemento.
DB SU 8: Seguridade fronte ao risco causado pola acción do raio.
Requisito de Habitabilidade: Salubridade.
PONENTES: Joaquín Fernández Madrid.
Dr. Arquitecto. Catedrático da Universidade de A Coruña.
Eugenio Fernández Piñeiro.
Enxeñeiro Técnico Industrial. Consellería de Industria. Delegación de Pontevedra.
DB HS 1: Protección fronte á humidade.
DB HS 2: Eliminación de residuos.
DB HS 3: Calidade do aire interior.
DB HS 4: Fornezo de auga.
DB HS 5: Evacuación de augas residuais.
Requisito de Habitabilidade: Aforro de Enerxía.
PONENTE: Eugenio Fernández Piñeiro.
Enxeñeiro Técnico Industrial. Consellería de Industria. Delegación de Pontevedra.
DB HEI 1: Limitación de demanda enerxética.
DB HEI 2: Rendemento das instalacións térmicas.
DB HEI 3: Eficiencia enerxética das instalacións de iluminación.
DB HEI 4: Contribución solar mínima de auga quente sanitaria.
DB HEI 5: Contribución fotovoltaica mínima de enerxía eléctrica.
Requisito de Seguridade Estructural
PONENTE: Javier Estévez Cimadevila.
Dr. Arquitecto. Catedrático da Universidade de A Coruña.
DB SE: Seguridade estructural: Resistencia e estabilidade. Aptitude ao servizo.
DB SE-AE: Accións na edificación.
DB SE-C: Cimentos.
DB SE-A: Aceiro.
DB SE-F: Fábrica.
DB-SE-M: Madeira.
Outras normas: EHE, EFHE e NCSE.
Javier Estévez Cimadevila
Dr. Arquitecto. Catedrático de Universidad. Universidad de A Coruña.
Joaquín Fernández Madrid
Dr. Arquitecto. Catedrático de la Universidad de A Coruña.
Eugenio Fernández Piñeiro
Ingeniero Técnico Industrial. Consellería de Industria. Delegación de Pontevedra.
Precio: 100,00 €
© Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia | Contactar | Aviso legal