| Área | Instalaciones |
| Tipo de curso | Plan de Formación Continua |
| Delegación | Lugo |
| Fecha | del viernes 26 al sábado 27 de mayo de 2006 |
O Plan de Formación Permanente da C.A.T. do C.O.A.G. continúa este ano ofrecendo o curso sobre as instalacións térmicas e fotovoltaicas de Enerxía Solar, cuxo uso vénse xeneralizando polas súas indubidables vantaxes económicas e medio ambientais, e das que dentro dun ano será obrigatorio dotar a todos os edificios por imposición do recentemente promulgado Código Técnico da Edificación.
No curso descríbense os compoñentes dos sistemas térmicos e fotovoltaicos de captación, tanto para o calentamento como para o enfriamento, a súa optimización e a súa integración na fachada e a cuberta, e indícanse os criterios básicos de deseño arquitectónico que melloran o comportamento térmico dos edificios.
ENERXÍA SOLAR TÉRMICA DE BAIXA TEMPERATURA.
Os sistemas de aproveitamento. O colector solar.
Compoñentes dunha instalación.
Integración dos paneis solares no edificio.
Cálculo de necesidades.
Auga Quente Sanitaria.
Calefacción.
Refrixeración.
Cálculo da instalación. Método f-chart.
Optimización da superficie captadora. Investimento e mantemento.
Normativa. Código Técnico da Edificación.
Refrixeración solar térmica. Os sistemas de absorción.
ENERXÍA SOLAR FOTOVOLTAICA.
Principios da fotovoltaica.
Células e paneis fotovoltaicos.
Integración dos paneis fotovoltaicos no edificio.
Cálculo de necesidades.
Dimensionado dun sistema fotovoltaico.
Normativa. Código Técnico da Edificación.
Refrixeración solar fotovoltaica. Os sistemas peltier.
INTRODUCCIÓN Á ENERXÍA SOLAR PASIVA.
Clima e benestar.
Estratexias de enfriamento e calentamento.
Masa e estabilidade.
Francisco Javier Neila González
Dr. Arquitecto. Catedrático de Universidad, Construcción y Tecnología Arquitectónica ETSAM.
Precio: 187,00 €
© Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia | Contactar | Aviso legal