Colexio de Arquitectos

formación

21/70

PLANEANDO: Plan Xeral de Noia. Intervencións en Noia.

Concello de Noia e Delegación de Santiago de Compostela do COAG

Programa

O urbanismo non é so unha distribución de superficies edificables e, o que iso significa, a distribución de riqueza de un xeito que parece as veces aleatorio o inxusto por responder a intereses pouco claros. A planificación é un acordo social suxeito por todos os individuos dunha determinada comunidade e que serve aos intereses de todos, para que a cidade e o entorno desa sexa habitable e produtivo desde moitos puntos de vista e, sobre todo, debe debuxar cómo é a cidade que vai ser nun futuro relativamente próximo, en relación á que hoxe temos.

As vilas, en Galicia, son núcleos urbanos moi representativos, cunha escala e capacidade de relación coa contorna que fan que os cidadáns sexan capaces de comprender e participar nos procesos de transformación dos espazos propios e os que comparten.

Coa ocasión da presentación do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Noia, presentase a oportunidade de debater sobre os principios que rexen ou deben rexer a planificación urbana da vila.

Proponse a celebración destas xornadas os días venres de catro semanas, as tres primeiras consecutivas, en setembro, e a primeira de outubro. Iniciarase con elas unha reflexión baseada no traballo e a exemplarización de elementos que forman parte da transformación dunha vila como Noia.

En cada unha delas participará como poñente un especialista en un tema concreto, que dará pé ao debate e á discusión e aclaración de dúbidas por parte dos presentes, sobre a mellor configuración dos espazos urbanos que coñecen ben.

Cada un dos poñentes ofrecerá nunha imaxen do proxecto urbano dende o punto de vista da sociedade, da administración e do técnico independente. Preténdese que as charlas sexan didácticas e entretidas, para incentivar a participación de persoas alleas sen relación directa profesional co urbanismo e a planificación. O ciclo quere ofrecer unha perspectiva complexa e interdisciplinar dos problemas do hábitat e das políticas destinadas a afrontalos, nas distintas escalas e contextos.

Ademais de aos cidadáns en xeral, as xornadas están dirixidas aos técnicos implicados en cuestións de hábitat (espazo público, vivenda, territorio, etc.) pois han de ter habilidades para deseñar e xestionar procesos participativos cos diferentes actores implicados (técnicos, poIíticos e cidadáns), ao mesmo tempo que han de ser quen a interrelacionar as realidades físicas, culturais, políticas, xurídicas e económicas subxacentes á xestión do hábitat.

Ponentes

Alfonso Salgado y Francisco Liñares (SalgadoeLiñares ArquitectosEnxeñeiros)
Arquitectos

Sebastián Ríos (UNO70 ARQUITECTURA)
Arquitecto

Álvaro Marín y Alfonso Castro (2es+ ESTUDIO DE ARQUITECTURA)
Arquitectos

Fecha y lugar de celebración

Viernes 11 de octubre, de 19:00 a 21:00

Noia
Casa da Cultura “Antón Avilés de Taramancos”
Rúa Corredoira de Luis Cadarso s/n

© Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia | Contactar | Aviso legal